DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 54997

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas pola Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convoca para o ano 2022.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.04.322C.481.3, código de proxecto 2015 00494 e 11.04.322C.481.8, código de proxecto 2015 00522, ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio e se convocan para o ano 2022.

Convocatoria: Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas a contratación de persoal de apoio e se convocan para o ano 2022.

Finalidade: TR358A Axudas ás entidades asociativas das persoas traballadoras autónomas a través das aplicacións orzamentarias 11.04.322C.481.3 e 11.04.322C.481.4:

Nome da entidade

Concedido

Asociacion Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia)

82.500 €

Asociacion de Traballadores por Conta Propia da Comunidade de Galicia (ATA Galicia)

75.000 €

Asociacion Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtamar)

79.291,92 €

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social