DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54910

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de condutor, grupo III, pola quenda de promoción interna, vacantes no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de marzo de 2023 (DOG do 3 de abril), convócanse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de condutor, grupo III, pola quenda de promoción interna, vacantes no cadro de persoal laboral.

Na base 5.5 de dita resolución disponse que a autoridade convocante publicará, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, por renuncia dun dos seus membros, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Cándido Pérez Betanzos, terceiro vogal titular, e de Lorenzo Vázquez Viso, terceiro vogal suplente, ambos os dous persoal laboral fixo do grupo III da Universidade de Vigo.

Segundo. Nomear a David Nespereira Ulla, persoal laboral fixo do grupo III da USC, vogal titular en substitución de Cándido Pérez Betanzos, e a Fernando Gómez Souto, persoal laboral fixo do grupo III da USC, vogal suplente en substitución de Lorenzo Vázquez Viso.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela