DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 19 de setembro de 2023 polo que se notifican as resolucións dos recursos potestativos de reposición R1 e R2 interpostos contra a Resolución do 24 de outubro de 2018 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/180/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 8 de agosto de 2023, resolucións pola que se desestiman os recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 24 de outubro de 2018, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/180/2017-RP1, confirmando en consecuencia a resolución recorrida.

Ao non poderse realizar sa notificacións persoais daquelas resolucións a persoa interesada con documento nacional de identidade número 75298634S, mediante este anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a persoa interesada as devanditas resolucións por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro das resolucións que se notifican atópanse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo as notificacións entenderanse producidas.

Contra as ditas resolucións, que son definitivas en vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirvan de notificación a citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística