Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 2 de xuño de 2023 (DOG nº 116, do 20 de xuño), convocáronse as axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do Programa Neotec e Neotec Mulleres Emprendedoras do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación E.P.E. (CDTI) nas súas convocatorias do ano 2022. Programa Recuperación Excelencia Neotec (código de procedemento IN870A).
No seu artigo 22 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de selección establecida no artigo 19 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 20.
De acordo con isto, e atendendo ao informe elaborado na sesión do 29 de agosto de 2023 pola comisión de selección,
RESOLVO:
1. Conceder as axudas para o desenvolvemento de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras a todas as solicitudes que superaron os criterios de elixibilidade indicados na Resolución do 2 de xuño de 2023 que figuran como anexo I a esta resolución (ordenadas por número de expediente). O importe total das axudas concedidas é 2.385.170,45 €, con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:
Aplicación orzamentaria |
Ano 2023 |
Ano 2024 |
Ano 2025 |
05.A2.561A.770.0 (CP 2016 00013) |
246.940,03 € |
1.316.920,27 € |
821.310,15 € |
2. A desestimación das solicitudes que acadaron unha puntuación inferior a 60 puntos, de conformidade co disposto no artigo 19.2 das bases reguladoras, relacionadas no anexo II.
3. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 30 da resolución de convocatoria.
4. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada nos artigos 28 e 29 da resolución de convocatoria no prazo establecido no artigo 27.
5. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante a presidenta da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Entidades beneficiarias
Cód. expediente |
Nome da entidade |
NIF |
Puntuación total |
Orzamento total |
Axuda total |
Axuda anualidade 2023 |
Axuda anualidade 2024 |
Axuda anualidade 2025 |
002_IN870A_2023 |
Nanocel Technology, S.L. |
B02852234 |
70,10 |
381.956,00 |
324.662,60 |
12.264,65 |
139.745,95 |
172.652,00 |
006_IN870A_2023 |
Ieco Desarrollo Digital, S.L. |
B02789733 |
66,85 |
353.173,00 |
300.197,05 |
14.610,86 |
126.934,64 |
158.651,55 |
007_IN870A_2023 |
IN2AI Intelligence, S.L. |
B88572649 |
60,40 |
399.450,00 |
325.000,00 |
5.939,42 |
143.766,43 |
175.294,15 |
008_IN870A_2023 |
Cadilla Improvisa APP, S.L. |
B05361589 |
60,75 |
318.534,00 |
222.973,80 |
36.087,10 |
186.886,70 |
0,00 |
009_IN870A_2023 |
Science and Business, S.L. |
B02687549 |
61,45 |
487.047,00 |
325.000,00 |
28.553,20 |
168.180,95 |
128.265,85 |
010_IN870A_2023 |
Uarx Space, S.L. |
B27881531 |
64,85 |
279.220,00 |
237.337,00 |
43.071,03 |
194.265,97 |
0,00 |
011_IN870A_2023 |
Sparks, Circuits and Robotics, S.L. |
B27872753 |
63,30 |
412.415,00 |
325.000,00 |
16.066,58 |
122.486,82 |
186.446,60 |
013_IN870A_2023 |
Kreios Space, S.L. |
B05474267 |
62,50 |
454.176,00 |
325.000,00 |
90.347,19 |
234.652,81 |
0,00 |
ANEXO II
Solicitudes desestimadas por non acadar a puntuación mínima (60 puntos)
Cód. expediente |
Nome da entidade |
NIF |
001_IN870A_2023 |
Movum Tech, S.L. |
B88613864 |
003_IN870A_2023 |
Soluciones Digitales Oasis, S.L. |
B16822819 |
004_IN870A_2023 |
Brand4impact, S.L. |
B01753326 |
005_IN870A_2023 |
Tekvisa Engineering, S.L. |
B27875228 |