DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54630

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 21 de setembro 2023 pola que se modifica a Resolución do 9 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207A).

A Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 inclúe a aplicación orzamentaria 24103.335C.455, denominada «As comunidades autónomas de Balears, Cataluña, Galicia, Navarra, País Vasco e Valencia para a promoción da cinematografía en linguas oficiais por importe de 10.000.000,00 euros».

Para dar cumprimento ao establecido na dita lei, con data do 15 de setembro de 2023 asínase o«Convenio entre o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais e a Axencia Galega das Industrias Culturais polo que se establecen as condicións de xestión do crédito destinado ao fomento da producción, distribución, exhibición e promoción da industria cinematográfica e audiovisual en lingua cooficial distinta ao castelán en 2023.

A cláusula cuarta deste convenio determina a finalidade dos créditos transferidos e os compromisos da entidade beneficiaria, que serán:

«– Convocar e conceder axudas en concorrencia competitiva ou directas para o fomento da produción, distribución, exhibición e promoción do audiovisual en galego durante o exercicio 2023.

– Realizar actuacións de promoción, cando proceda, desde a entidade beneficiaria conforme as súas competencias.

– Recoñecer as obrigas e ter efectuado o pagamento antes do 1 de decembro de 2024».

O importe que se consignará a favor da Agadic ascende a 829.923,92 euros, conforme o criterio distributivo que se determina na epígrafe expositiva IV do dito convenio.

Esta circunstancia permite incrementar o financiamento da liña de axudas publicada por Agadic (DOG núm. 58, do 23 de marzo de 2023), para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e pola que se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207A), xa que os seus obxectivos se adaptan perfectamente aos criterios, condicións e finalidades que persegue o convenio que está en tramitación entre o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e a Axencia Galega das Industrias culturais (Agadic).

Este maior crédito posibilitará atender as demandas do sector, ampliando o número de proxectos beneficiarios desta convocatoria e dinamizando o audiovisual galego. A aplicación deste crédito finalista do Estado será comprometido en 2023 para a súa execución neste exercicio e na anualidade 2024.

Polo exposto, proponse a modificación do crédito total destinado á convocatoria da liña de axudas, da fonte de financiamento, así como unha nova redistribución das anualidades, reflectida no cadro de financiamento, para o cal se ten en conta tanto a achega do convenio co ICAA como as solicitudes recibidas no momento da convocatoria. Cómpre tamén realizar unha modificación para a inclusión de novas obrigas aos adxudicatarios no que atinxe á publicidade e difusión das actuacións que se vaian efectuar, en caso de resultaren beneficiarios, con cargo á axuda concedida.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Modificar o artigo 4 nos números 1 e 2, que quedan redactados como segue:

«Artigo 4. Financiamento

...

1. O importe global máximo para o financiamento desta convocatoria será de 3.000.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais. Este crédito global contará con financiamento de fondos finalistas do Estado para as anualidades 2023 e 2024, por un importe de 225.000,00 e 513.000,00 euros, respectivamente (código de proxecto 2022 00005), a través do convenio entre a Agadic e o ICAA. As anualidades 2024 e 2025 serán financiadas a través de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia (código de proxecto 2010 0005).

2. Esta convocatoria ten carácter plurianual, polo que os créditos destinados a ela deben asignarse por anualidades e categorías. A distribución do financiamento por anualidades e fonte de financiamento reflíctese no cadro seguinte:

Aplicación orzamentaria

Anualidade

Código de proxecto

Fonte de financiamento

Importe

10.A1.432B.770.0

2023

2010 00005

FCA

75.000 €

300.000 €

2022 00005

Fondos finalistas do Estado

225.000 €

10.A1.432B.770.0

2024

2010 00005

FCA

157.500 €

670.500 €

2022 00005

Fondos finalistas do Estado

513.000 €

10.A1.432B.770.0

2025

2010 00005

FCA

787.500 €

787.500 €

10.A1.432B.770.0

2026

2010 00005

FCA

1.242.000 €

1.242.000 €

Total

3.000.000 €

Para o caso de que non se perciban os fondos do Estado, as contías previstas con cargo a eles serán financiadas con fondos propios da Comunidade Autónoma destinados á Agadic.

No que atinxe aos créditos asignados a cada categoría, a súa distribución reflíctese no cadro seguinte:

2023

2024

2025

2026

Total

Categoría A: longametraxe cinematográfica

Categoría D: obras audiovisuais para TV e plataformas

276.000 €

552.000 €

690.000 €

1.242.000 €

2.760.000 €

Categoría B: longametraxe en coprodución internacional con participación minoritaria

15.000 €

37.500 €

97.500 €

150.000 €

Categoría C: curtametraxes

9.000 €

81.000 €

90.000 €

Total

300.000 €

670.500 €

787.500 €

1.242.000 €

3.000.000 €

Artigo 2. Modificar o artigo 20, números 6 e 7, que quedan redactados como segue:

«Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

...6. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: coa subvención da Xunta de Galicia e do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, utilizando a imaxe gráfica corporativa que se descargará das páxinas oficiais de ambos os dous organismos. Así mesmo, en todos os materiais de promoción, distribución e publicidade da obra (carteis, músicas, portadas e outros materiais) farase constar que a produción foi subvencionada pola Xunta de Galicia e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, utilizando igualmente as marcas principais. Cando se trate de series de ficción, animación ou documentais, a lenda e a marca figurarán no primeiro capítulo e nos créditos finais dos restantes.

7. Facer constar na súa publicidade, incluída a realizada a través de páxinas web, ou unha información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento dos seus proxectos pola Xunta de Galicia e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da persoa beneficiaria da subvención».

Disposición adicional única

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o presidente do Consello Reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados a parti do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2023

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais