DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54151

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a catro encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para seren executadas durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 178, do 19 de setembro de 2023, procede facer a seguinte corrección:

– Na páxina 53442, onde di:

«– Prazo de vixencia: desde o 1 de agosto de 2023 ata o 31 de decembro de 2025».

Debe dicir:

«– Prazo de vixencia: desde o 1 de outubro de 2023 ata o 31 de decembro de 2025».