DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20230009AL-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 22 de agosto de 2023, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20230009AL-OU incoado ao titular do DNI 11969361T e enderezo na rúa Ferro Couselo, número 22, piso 1º B, 32660 Xinzo (Ourense).

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e aon non ser posible efectuala, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do pasaporte DNI 11969361T o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13 , Ourense e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1. da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, e poderán realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 13 de setembro de 2023

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: 20230009AL-OU.

DNI: 11969361T.

Último enderezo coñecido: rúa Ferro Couselo, número 22, piso 1º B, 32660 Xinzo (Ourense).

Feito imputado: suposta infracción do previsto no Regulamento (CE) nº 852/04, do 29 de abril, de hixiene dos produtos alimentarios.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400 €).