DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 14 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social número 2023/33.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social, porque intentada a notificación, por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 2023/33 (acta: I272023000005000).

Data da resolución: 3 de xullo de 2023.

Empresa: Guerretero, S.L.

Enderezo: rúa Luís Seoane, 28 E, 27003 Lugo.

Lugo, 14 de setembro de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo