DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 13 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentada a notificación persoal sen que se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas do procedemento de homologación e/ou validación de estudos estranxeiros non universitarios.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para ser notificadas no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación do citado procedemento, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 2, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2023

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Beleño Bueno, Yarley Carolina

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Bermúdez Ramírez, Lina Marcela

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Chafloque Rojas, Diana Francisca

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Felix de Souza, Luana Patricia

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

García Ospina, Yanneth

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Pérez Quartesan, José Alejandro

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Pombo Carro, Lucas

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Torres Gonçalves, Andre

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios