DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia (expediente RAI-CO-54/23//IN407A 2022/196-1).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU do Boletín Oficial del Estado).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña a súa sede o órgano que tivese ditado a disposición ou o acto orixinario impugnado, de acordo co establecido nos artigos 8.3 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan presentar calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Industria e Innovación

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

RAI-CO-54/23

IN407A 2022/196-1

76460130B

Notificación de resolución de recurso de alzada