DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803, no concello de Meaño (expediente IN407A 2022/113-4).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial do Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803, no concello de Meaño, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 7 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/113-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803.

Concello: Meaño.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

2

36027A008000440000MJ

Molar

Descoñecida

26 de outubro de 2023

12.00

3

36027A008000430000MI

Molar

Descoñecida

26 de outubro de 2023

12.00

4

36027A008000410000MD

Molar

Descoñecida

26 de outubro de 2023

12.00

5

36027A008000390000MX

Molar

Descoñecida

26 de outubro de 2023

12.00

6

36027A008000420000MX

Molare

Descoñecida

26 de outubro de 2023

12.00

7

36027A008000380000MD

Casiñas

Descoñecida

26 de outubro de 2023

12.00

8

36027A008000330000MF

Casiñas

Descoñecida

26 de outubro de 2023

12.00