DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2023/322-1).

Expediente: IN407A 2023/322-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT NEG-803-apoio A20UEGBF//161-37-A1.

Concello: Val do Dubra.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña NEG-803 autorizado no expediente 50.216, de 255,6 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios nº 161-37 (matrícula A1X3RL42) metálico de celosía tipo AM-AG-C-2000/14-H35-CAI e nº 161-37-A2 (matrícula A24N4L9O) de formigón tipo AM-AL-HV-630/15-CR1-CAI, consistente en:

– Desconexión e desmontaxe do apoio nº 161-37-A1 (matrícula A20UEGBF) de formigón tipo S-AL-HV-400/15-B1-CSRI.

– En substitución do anterior instalarase un novo apoio nº 161-37-A1 metálico de celosía tipo AC-C-2000/16-H35-CA desprazado cara ao apoio nº 161-37-A2, na parcela con referencia catastral 15089B514010010000DK, sita no lugar do Vilar (Arabexo). Neste novo apoio nº 161-37-A1 proxéctase a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipamento interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Intercalado entre o apoio nº 161-37 e o novo apoio nº 161-37-A1 anterior instalarase, na parcela con referencia catastral 15089A00800360000BR, un novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/16-H35-CA (apoio Pro-1).

– No van de 98,6 metros de lonxitude formado polos dous (2) novos apoios proxectados instalarase novo condutor tipo LA-56.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña NEG-803, de 33 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 161-37 existente e o novo apoio Pro-1 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña NEG-803, de 124 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 161-37-A1 proxectado e o apoio nº 161-37-A2 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 1 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/322-1. Instalación de telecontrol en LMT NEG-803-apoio A20UEGBF//161-37-A1 (Val do Dubra).

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

1

José García Pereiro

15089A00800360000BR

Resedoiro

Novo apoio nº Pro-1

2

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías

2

Consuelo Pereiro Pumar

15089B514010010000DK

Pedras do Muíño

Novo apoio nº 161-37-A1

2

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías