DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de setembro de 2023 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 29/2023 no expediente de reposición da legalidade PON/188/2016-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 29/2023, interposto pola persoa con DNI 76857000Q, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 7 de novembro de 2022 no recurso de reposición, interposto contra outra do 2 de novembro de 2017 (expediente PON/188/2016-RP1) en que se declara que as obras de construción dunha edificación de planta baixa e soleira destinada a usos residenciais, executadas nas parcelas 779 e 781 do polígono 511 (referencia catastral 36017P511007810000DJ), no lugar dos Sueiros, A Somoza, concello da Estrada, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos aos cales desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) e se empraza a persoa con DNI 35389647F, para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística