No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 166, do 31 de agosto de 2023, publicouse o anuncio de aprobación da oferta de emprego público deste concello para o ano 2023 (derivada da taxa especifica para a estabilización de emprego temporal, artigo 20.dous.4 da Lei 31/2022), que contén os seguintes postos de traballo:
– Persoal funcionario:
Funcionarios de carreira:
Escala de Administración especial/técnica:
Grupo A; subgrupo A1; nº de vacantes: 1; denominación: arquitecto; sistema de acceso: concurso-oposición.
Grupo A; subgrupo A2; nº de vacantes: 1; denominación: arquitecto técnico; sistema de acceso: concurso-oposición.
– Persoal laboral:
Categoría laboral: L IV; vacantes: 1; denominación: oficial de 1ª de mantemento de polideportivos; sistema de acceso: oposición.
O que se fai público para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.
Cee, 31 de agosto de 2023
Margarita Lamela Louzán
Alcaldesa