DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 2023/058-1).

Expediente: IN407A 2023/058-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PAD816 apoio 9TDXCDJT//84-A1.

Concello: Rianxo.

Feitos.

1. O día 13.2.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de mellorar a calidade e seguridade da subministración eléctrica no lugar da Castiñeira, parroquia de Asados, concello de Rianxo, proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento telecontrolado nun apoio existente de formigón que se substituirá por un de tipo metálico na liña de distribución de media tensión LMT PAD816 Dodro-Taragoña 16 (expediente 29152), procedente da subestación Padrón.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegaron memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol en LMT PAD816 apoio 9TDXCDJT//84-A1, asinado o día 8.11.2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número de colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

– DOG: 19.5.2023.

– BOP: 28.4.2023.

– Xornal La Voz de Galicia: 15.5.2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 3.7.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Rianxo e aos servizos de Montes e de Patrimonio Cultural das xefaturas territoriais da Coruña das consellerías de Medio Rural e de Cultura. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 25.8.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente, segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015)

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2000).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo de 2008).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño de 2014).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro de 2002).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro de 1982).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

3. Características técnicas:

As instalacións atópanse no lugar da Castiñeira, parroquia de Asados, no concello de Rianxo, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Retensado tramo LMTA a 20 kV, de 177 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 9TEVIEPT//84 existente da LMT PAD816 Dodro-Taragoña 16 (expediente 29152), procedente da subestación Padrón, e remate no apoio nº 9TCSFCW9//84-A2 existente. Substitución do apoio nº 9TDXCDJT//84-A1 existente de formigón por outro de tipo C-1000/12 e instalación dun ITC no mesmo apoio. Retíranse os cortacircuítos XS (15HSR4) existentes no apoio nº 84.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato Shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 30 de agosto do 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente IN407A 2023/058-1. Instalación de telecontrol en LMT PAD816 apoio 9TDXCDJT//84-A1 (Rianxo).

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

1

CMVMC Asados

(xestor: Consellería do Medio Rural, Servizo de Montes)

15073A051004490000FG

Polígono 51, parcela 449

Agro Laxe

Novo apoio nº 84-A1

2

Rústico. Agrario.

Piñeiral madeireiro