DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lle notifica ao interesado o trámite de audiencia sobre a solicitude de autorización para a execución dunha sondaxe de captación de auga no termo municipal de Xunqueira de Ambía, provincia de Ourense.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle a José Manuel Iglesias Cid, co DNI ***8221**, como persoa interesada para notificarlle o trámite de audiencia en relación cunha solicitude presentada o 9.8.2023 para a execución dunha sondaxe para a captación de auga no termo municipal de Xunqueira de Ambía, provincia de Ourense, dentro do perímetro de protección do dereito mineiro OU/B/30 O Bañiño do que é titular.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sita na rúa Curros Enríquez, 1-3ª, das 9.00 ás 14.00 horas.

Ourense, 31 de agosto de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense