DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53640

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 12 de setembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 14 de xullo de 2023.

Pola Orde do 14 de xullo, publicada no Diario Oficial de Galicia número 143, do 28 de xullo de 2023, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola orde desta consellería do 14 de xullo de 2023 e designar a persoa funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

O cómputo dos prazos iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que acade o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

As dilixencias de cesamento e toma de posesión efectuadas serán tramitadas a través do sistema electrónico que xestiona o Rexistro Único de Persoal e de Postos de Traballo.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa..

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Isabel Costa Basalo.

Número de rexistro de persoal: **** 063824 A2053.

Corpo ou escala: corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: C1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura de Sección II.

Código do posto: FCC080000015770005.

Nivel: 25.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Simplificación Administrativa.

Localidade: Santiago de Compostela.