DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53634

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora no anexo I desta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Patricia Argerey Vilar
A directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña para instrumentar a achega de Galicia o desenvolvemento do programa de comunicación cuántica dentro dos plans complementarios de I+D+I do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

3.5.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña para a realización do programa de comunicación cuántica dentro dos plans complementarios de I+D+I do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

3.5.2023

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster en Desenvolvemento Económico e Innovación (máster Dein).

3.5.2023

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster universitario en Sistemas Aéreos non tripulados.

8.5.2023

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Fundación Kertor, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, a Fundación Profesor Novoa Santos e a Fundación Biomédica Galicia Sur para a realización do programa de biotecnoloxía aplicada á saúde dentro dos plans complementarios de I+D+I do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

19.5.2023

1.950.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Fundación Kertor, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, a Fundación Profesor Novoa Santos e a Fundación Biomédica Galicia Sur para instrumentar a achega de Galicia ao desenvolvemento do programa de biotecnoloxía aplicada á saúde dentro dos plans complementarios de I+D+I do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

19.5.2023

1.050.000 €

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Galega de Innovación para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado das titulacións de grao e máster universitario oficial impartidas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

24.5.2023

Sen achega económica

Addenda de prórroga do convenio entre o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. e a Axencia Galega de Innovación, para o fomento da innovación e o desenvolvemento tecnóloxico na Comunidade Autónoma de Galicia.

7.6.2023

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte.

7.7.2023

18.000 €

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade de Santiago de Compostela, e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador universitario beneficiario dunha axuda do ERC no marco do H2020.

1.8.2023

5.000 €