DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53633

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia, núm 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no segundo cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no segundo cuadrimestre de 2023

Convenios

Data sinatura

Importe achegado pola AXI (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santa Comba para habilitar unha senda peonil na estrada AC-406 desde o polígono empresarial de Santa Comba.

16.5.2023

42.240,13

Convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a rehabilitación da ponte internacional sobre o río Miño entre Salvaterra de Miño e Monçᾶo.

17.7.2023

378.609,37

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Ordes para a coordinación da execución da obra de mellora do firme na vía principal do polígono de Merelle, AC-408.

19.7.2023

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a continuación da senda peonil na parroquia de Tenorio.

26.7.2023

310.000,00