DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53631

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o segundo cuadrimestre do ano 2023

Convenios

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Entidade Local Menor de Camposancos para a elaboración da auditoría municipal de abastecemento para minimizar as perdas de auga.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e a Entidade Local Menor de Camposancos para a elaboración da auditoría municipal de abastecemento para minimizar as perdas de auga.

8.000,00 €

4.5.2023

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Lapido para a obtención da dispoñibilidade de uso dos terreos necesarios para a execución da obra de ampliación da ETAP de Padrón e para a explotación da totalidade das infraestruturas de abastecemento localizadas no monte veciñal en man común de Lapido.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a entidade pública Augas de Galicia, o Concello de Padrón e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Lapido, que permitan, de acordo coa normativa vixente e a que en cada caso resulte de aplicación, a obtención da dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución da obra de mellora do abastecemento do sistema da marxe dereita da ría de Arousa. Ampliación da ETAP do sistema de abastecemento ao Barbanza, Padrón (A Coruña), de clave OH.215.1218, e para garantir a pacífica e adecuada prestación do servizo público de abastecemento a través do conxunto de infraestruturas localizadas en terreos do monte veciñal.

89.045,95 €

9.5.2023

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Lousame para a execución da actuación de construción de rede de saneamento e estación depuradora de augas residuais para os lugares da Devesa, A Silva, Berrimes, Quintáns e Costa, en Lousame (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Lousame que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción de rede de saneamento e estación depuradora de augas residuais para os lugares da Devesa, A Silva, Berrimes, Quintáns e Costa, en Lousame (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

1.108.940,82 €

24.5.2023

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

Establecer as condicións básicas que rexerán a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, co fin de dar cumprimento ao establecido na cláusula 4ª, letra g), do parágrafo segundo do prego de bases a que se suxeita a concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis.

392.535,78 €

24.5.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baltar para a execución de obras hidráulicas de mellora no concello de Baltar.

Modificar as cláusulas do convenio relativas ao libramento de fondos e réxime de xustificación, e ampliar o prazo de vixencia ata o 31.7.2023.

87.921,06 €

25.5.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Vilanova de Arousa e o Concello de Cambados para a execución das actuacións de mellora do sistema de saneamento no concello de Cambados e mellora do sistema de saneamento no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra), cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Modificar as partes que interveñen no convenio, o título do convenio, as cláusulas relativas ao obxecto do convenio, as obrigas xerais do Concello, o réxime de financiamento e obrigas de carácter económico, a publicidade e engadir unha nova cláusula relativa ao principio de non causar dano significativo.

2.024.961,09 €

27.5.2023

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cabana de Bergantiños para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación de abastecemento a Nantón e Anós, en Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cabana de Bergantiños que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación de abastecemento a Nantón e Anós, en Cabana de Bergantiños (A Coruña), e para a súa posterior posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

1.363.981,74 €

2.6.2023

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rois para a execución da actuación de mellora do saneamento no concello de Rois. EDAR de Urdilde, Rois (A Coruña), financiado ao 100 % a parte elexible pola Unión Europea no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, mediante tramitación anticipada de gasto.

Aumentar o importe do convenio en 31.612,87 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024 e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio.

946.612,87 €

17.7.2023