DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53551

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de execución subsidiaria da xestión da biomasa (artigo 22.2 da Lei 3/2007) con liquidación de custos (expediente 402/2020).

En cumprimento do disposto no artigo 22.2 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, fago público que polo Decreto 253/2023, do 24 de maio de 2023, resolveuse o que sigue:

Primeiro. Executar subsidiariamente, por parte do concello, a xestión da biomasa existente na parcela con referencia catastral 36036A013000020000QU, que figura a nome de Coufane, C.B., por risco de incendio de acordo co previsto na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, unha vez verificado que xa foi obxecto de execución subsidiaria no ano 2020, e no ano 2022, por imposibilidade de contactar co titular, aplicando o previsto no artigo 22.2 da mesma lei.

Segundo. Liquidar anticipadamente os custos da execución subsidiaria da parcela de Coufane, C.B., co seguinte detalle:

Superficie da parcela (segundo datos catastrais)............................… 883 m2.

Valoración €/ha de traballos de xestión da biomasa.............… 3.953,15 €/ha.

Total liquidación............................................................................… 317,44 €.

IVE.........................................................................................................6,66 €.

Total………………………………………………….............................. 384,10 €.

Terceiro. Ordenar a publicación da presente resolución, mediante o anuncio no DOG e no TEU pola vía de urxencia, dadas as datas do ano en que estamos, e unha vez confirmado en varias ocasións que non reciben as notificacións que se envían ao único enderezo que consta a esta administración.

Cuarto. Dar conta ao Pleno na primeira sesión ordinaria que celebre.

O expediente completo está á súa disposición nas dependencias municipais.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, procede recurso potestativo de reposición, no prazo de 1 mes, ou ben, contencioso-administrativo no prazo de 2 meses (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Ademais, e polo que respecta á liquidación en voluntaria, que ascende a 384,10 €, requíreselle o pagamento mediante ingreso en conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Oia no Banco Pastor número ES24/0238/8336/4606/6000/0173, nos prazos referidos na Lei xeral tributaria.

Oia, 28 de agosto de 2023

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa