DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53553

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Residencial Rianavia, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución e nomeamento de liquidadoras.

En cumprimento do establecido na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 56 dos estatutos, en virtude do acordo adoptado na asemblea xeral ordinaria da sociedade cooperativa Residencial Rianavia, S. Coop. Galega, con CIF F16681686, que tivo lugar o día 27 de xuño de 2023 en Pontevedra, procédese á disolución e nomeamento das liquidadoras, Sonia Marín Otero, Beatriz Gándara Carnero e Jone Lasuen Arabiourrutia.

Pontevedra, 27 de xuño de 2023

Sonia Marín Otero
Presidenta