DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53165

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 6 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, para os anos 2023 a 2025, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS623C).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás comunidades autónomas polo artigo 148.1.20º da Constitución española.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais para Galicia, establece, no seu artigo 58, que as competencias en materia de servizos sociais lle corresponderán á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e ás entidades locais de Galicia, así como, se é o caso, ás demais entidades públicas previstas no Estatuto de autonomía de Galicia ou establecidas nesta lei. Así mesmo, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no seu artigo 5, establece que as actuacións que se desenvolvan desde as administracións públicas para a aplicación das medidas establecidas nesta lei se rexerán tamén polo principio de responsabilidade pública e solidariedade social, polo que os poderes públicos galegos desenvolverán as medidas reguladas nesta lei mediante a rede pública de servizos sociais e de emprego, sen prexuízo do fomento da participación e da colaboración complementaria das entidades de iniciativa social tanto na aplicación de recursos contra a exclusión como na mellora continua do sistema.

Segundo o Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude, a dita consellería é o órgano que ten asumidas as competencias en materia de asistencia social, incluíndo as políticas de inclusión social e as relativas á poboación inmigrante que lle corresponden á Xunta de Galicia.

A Unión Europea asume como prioridade converterse nunha organización cunha economía intelixente, sustentable e inclusiva que goce de altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social.

Para lograr a converxencia con España e a Unión Europea, Galicia deberá aumentar a súa taxa de emprego, mellorando as condicións de empregabilidade e propoñendo oportunidades de integración social e laboral, especialmente entre aqueles grupos que teñen unha menor participación no mercado de traballo e que presentan un maior risco de exclusión, principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos de enfraquecemento dos seus vínculos persoais e/ou sociais e que precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inserción social e laboral.

Neste sentido, o Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, establece no seu artigo 5 que o Fondo Social Europeo Plus (en diante FSE+) prestará o seu apoio, entre outros, ao obxectivo político «unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais» e o Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013, establece entre os seus obxectivos xerais lograr unha protección social xusta e unha sociedade inclusiva e cohesionada que aspire a erradicar a pobreza e cumprir os principios establecidos polo piar europeo de dereitos sociais, para o que establece como obxectivos específicos fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos, así como promover a integración social das persoas en risco de pobreza ou exclusión social, incluídas as persoas máis desfavorecidas e a poboación infantil.

Con base en todo o exposto, a Consellería de Política Social e Xuventude, en virtude das súas competencias en materia de inclusión social, considera de especial interese a posta en marcha de medidas dirixidas a compensar as dificultades que presentan determinados colectivos, impulsando o desenvolvemento de actuacións como as que serán obxecto da concesión de subvencións a través da presente orde.

A presente orde pretende impulsar programas baseados principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos de enfraquecemento dos seus vínculos persoais e/ou sociais e que precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inserción social e laboral. Dentro deste contexto, os perceptores de rendas mínimas, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana e as persoas inmigrantes, entre outros, considéranse grupos vulnerables e, polo tanto, susceptibles de seren destinatarios de accións que os acompañen no seu proceso de cambio. Estas tipoloxías de programas serán cofinanciadas pola Unión Europea nunha porcentaxe do 60 %, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e, en particular, no obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivos específicos ESO4.8: fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos, ESO4.9: promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluídos os inmigrantes e ESO4.10: promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos e medidas 2.H.04: mellora da inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social a través de itinerarios integrados e personalizados de inserción que abarcan medidas de distintos ámbitos, 2.I.01: itinerarios ou programas de inserción sociolaboral que combinen varias medidas dirixidos a migrantes e 2.J.01: realización de accións individualizadas de formación e acompañamento social dirixidos de forma específica, non exclusiva, á poboación xitana.

Esta orde de convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo, en todo caso, aos principios básicos de publicidade, obxectividade e concorrencia, e ao Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+).

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases e da convocatoria para a concesión de subvencións ás entidades locais, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ao desenvolvemento de programas polos servizos sociais de titularidade municipal durante os exercicios 2023, 2024 e 2025, que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral. O código deste procedemento é o BS623C.

2. Para os efectos da presente orde, terán a consideración de colectivos de elevada vulnerabilidade aqueles que cumpran o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e, particularmente, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana, a poboación inmigrante residente en Galicia e as persoas sen fogar, cando se trate de participantes nos programas descritos no artigo 5.

Artigo 2. Financiamento

1. Na concesión das subvencións convocadas nesta orde destínase un importe total de sete millóns seiscentos catorce mil cento oitenta euros (7.614.180,00 €), distribuído para os anos 2023, 2024 e 2025 como se indica:

Aplicacións orzamentarias

2023

2024

2025

Total

13.03.312C.460.0

250.000,00 €

500.000,00 €

210.000,00 €

960.000,00 €

13.03.313C.460.1

400.000,00 €

680.000,00 €

280.000,00 €

1.360.000,00 €

13.03.313C.460.2

1.289.180,00 €

2.830.000,00 €

1.175.000,00 €

5.294.180,00 €

1.939.180,00 €

4.010.000,00 €

1.665.000,00 €

7.614.180,00 €

Estas partidas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nunha porcentaxe do 60 %, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e, en particular dentro do obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivos específicos ESO4.8: fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos, ESO4.9: promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluídos os inmigrantes e ESO4.10: promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos e medidas 2.H.04: mellora da inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social a través de itinerarios integrados e personalizados de inserción que abarcan medidas de distintos ámbitos, 2.I.01: itinerarios ou programas de inserción sociolaboral que combinen varias medidas dirixidos a migrantes e 2.J.01: realización de accións individualizadas de formación e acompañamento social dirixidos de forma específica, non exclusiva, a poboación xitana, respectivamente:

Liñas de financiamento

Ano 2023 (€)

Ano 2024 (€)

Ano 2025 (€)

Total (€)

Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana

400.000,00

680.000,00

280.000,00

1.360.000,00

Programas dirixidos á inclusión social da poboación

inmigrante

250.000,00

500.000,00

210.000,00

960.000,00

Programas dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión social

539.180,00

1.100.000,00

455.000,00

2.094.180,00

Programas complementarios de educación e apoio familiar, dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social

500.000,00

1.200.000,00

500.000,00

2.200.000,00

Programas dirixidos a persoas sen fogar

250.000,00

530.000,00

220.000,00

1.000.000,00

Total

1.939.180,00

4.010.000,00

1.665.000,00

7.614.180,00

2. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, logo de informe favorable da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio competente do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, actualmente o órgano de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos. A este respecto, poderá incrementarse crédito procedente do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 nos programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.

3. Polo que respecta aos programas, de non esgotarse todo o crédito destinado a unha tipoloxía de subvención poderá ser utilizado no resto das tipoloxías, sempre que se respecten os principios de elixibilidade que establezan os fondos que financian as devanditas axudas.

Artigo 3. Entidades solicitantes

1. Poderán solicitar as subvencións que se convocan nesta orde as entidades locais de ámbito municipal galegas que desexen implantar ou desenvolver algunha das actuacións mencionadas no artigo 1.

2. Enténdense incluídas no número anterior as mancomunidades de concellos e agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, incluída a de fusión municipal.

Non obstante o anterior, e en relación con aquelas solicitudes presentadas por calquera forma de agrupación de concellos, quedarán expresamente excluídas aquelas solicitudes en que non se acredite a realización conxunta do programa. Para estes efectos, considerarase que non queda suficientemente acreditado este dato cando os usuarios participantes do programa estean empadroados nun único concello dos integrantes da devandita agrupación ou o servizo a estes non se preste a través dun único dispositivo. Esta última característica non será aplicable no caso de programas de natureza inequívoca e exclusivamente formativa.

3. En calquera caso, as entidades locais solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Aquelas entidades locais solicitantes de subvencións para un programa en favor da poboación inmigrante deberán acreditar unha porcentaxe mínima de poboación inmigrante empadroada, segundo as seguintes regras:

1º. Para os concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante e un mínimo de 150 persoas inmigrantes empadroadas no concello. No caso de non cumprir a porcentaxe anterior, deberán ter polo menos 1.000 persoas estranxeiras empadroadas no municipio.

2º. Para os consorcios locais, mancomunidades e agrupacións de concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante o 50 % dos concellos que integran a entidade supralocal e ter unha media de 200 persoas inmigrantes empadroadas.

O dito cálculo da poboación inmigrante farase tendo en conta a poboación total e a poboación inmigrante empadroada no ano anterior ao da correspondente resolución desta convocatoria.

c) As entidades locais solicitantes da subvención para un programa da tipoloxía recollida no artigo 4.1.c), dirixido ás persoas en situación ou risco de exclusión social, non poderán dispoñer para o seu termo municipal doutros dispositivos de natureza pública distintos dos propios dirixidos ao desenvolvemento dun programa cuxo contido sexa a prestación do servizo de apoio á inclusión sociolaboral.

4. As entidades solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o cal se concede a subvención, excepto a porcentaxe de poboación sobre a poboación total empadroada.

Artigo 4. Programas subvencionables

1. Serán subvencionables os programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables que a continuación se enumeran:

a) Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana.

b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.

c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social.

d) Programas dirixidos a persoas sen fogar.

2. Así mesmo, serán subvencionables os programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social.

3. Todas as accións que presenten as entidades solicitantes serán deseñadas, desenvoltas e avaliadas incorporando a perspectiva de xénero, o cal significa que se estudará en que medida a variable xénero inflúe nos procesos de exclusión e teranse en conta as diferentes circunstancias, expectativas e necesidades que teñen os homes e as mulleres a que se dirixen polo mero feito de ser home ou muller.

Artigo 5. Actividades subvencionables dos programas de inclusión

1. En todos os programas enumerados no artigo 4.1 poderán subvencionarse as prestacións e servizos incluídos no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión, que se relacionan a seguir:

a) Servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Dentro deste servizo financiaranse:

1º. A sección de inclusión básica, que comprenderá as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; o apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

2º. A sección de inclusión e transición ao emprego, que comprenderá as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; as accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral; a mediación laboral; a prospección e intermediación laboral activa; o apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

3º. O reforzo socioeducativo para menores, servizo independente no marco das ditas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Inclúese o reforzo, orientación e apoio ao alumnado para reforzar a importancia da educación, evitar o abandono prematuro da etapa de escolarización obrigatoria, reducir o absentismo escolar e facilitar a transición entre a educación primaria e a secundaria.

4º. Servizo de apoio á inclusión residencial, que inclúe accións de apoio ás persoas en procesos de inclusión sociolaboral que, debido aos seus baixos ingresos e/ou outros factores de discriminación, teñen dificultades de acceso ou mantemento da estabilidade residencial. Subvenciónanse as prestacións obrigatorias da sección de promoción do acceso e mantemento da vivenda como a intermediación inmobiliaria, a prevención da discriminación no mercado da vivenda e acompañamento nos procesos de transición a recursos residenciais estables, e a prestación opcional de mediación e resolución de conflitos relacionados coa vivenda.

b) Excepcionalmente poderanse subvencionar, fóra do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, as accións de formación adaptada cando desenvolvan contidos relacionados coas medidas comprendidas nas prioridades transversais que figuran na Estratexia de inclusión social de Galicia, en que se inclúe a formación en alfabetización de coñecementos básicos dixitais, a formación en competencias clave e a preparación para as probas para adquisición do titulo de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación secundaria para adultos (ESA).

2. Ademais das prestacións e servizos comúns a todos os grupos antes indicadas, poderán subvencionarse as seguintes prestacións e servizos específicos aos seguintes colectivos vulnerables:

a) Para a poboación xitana subvencionaranse, como módulo independente en calquera das súas seccións, o servizo de mediación social e/ou intercultural. Incluirá accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade a comunicación, o entendemento e a transformación das relacións entre as persoas e grupos sociais culturalmente diferenciados, así como previr e solucionar conflitos. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.

b) Para a poboación inmigrante, subvencionaranse os seguintes servizos:

1º. O servizo de promoción da participación social, que está dirixido á adquisición de habilidades lingüísticas e ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida; inclúe a prestación obrigatoria da sección de inmersión lingüística relativa ás accións formativas de alfabetización e competencia oral nas linguas oficiais de Galicia, e a prestación obrigatoria da sección de integración sociocultural relativa ás accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores e características da sociedade de acollida.

2º. O servizo de asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría, en que se enmarcan accións como a información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

3º. O servizo de mediación social e/ou intercultural, co mesmo alcance e contido que no número 2.a) para a poboación xitana, como módulo independente en calquera das súas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral.

c) Para as persoas sen fogar, o servizo de mediación social e/ou intercultural co mesmo alcance e contido que no número 2.a) para a poboación xitana, como módulo independente en calquera das súas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral.

3. Terán a consideración de programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social do artigo 4.2 aqueles que conteñan actuacións adicionais da intervención social individual expresamente incluídas no seu programa de inclusión, que teñen por obxecto promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas e aqueleoutros obxectivos establecidos no artigo 19 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Artigo 6. Persoas destinatarias das actuacións subvencionadas

1. As persoas destinatarias das actuacións subvencionables nos programas das entidades locais obxecto da axuda serán as perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia, as persoas en situación ou risco de exclusión da rede de equipos de inclusión sociolaboral e, en xeral, as afectadas por factores de exclusión social. Neste último suposto, a situación de exclusión social acredítase mediante declaración responsable da entidade solicitante da subvención de que a persoa destinataria do programa está nesa situación. Para a consideración destes factores observarase o establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro. Nos programas dirixidos a persoas sen fogar, na declaración responsable da entidade local solicitante da subvención indicarase que o factor de exclusión social é ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda, previsto no artigo 3.1.i) da dita lei.

De conformidade co previsto no artigo 20.3 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, no caso dos programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social, será requisito adicional que a unidade familiar destinataria do servizo teña valorada e prescrita a alta no programa por parte do persoal técnico dos servizos sociais comunitarios municipais, e figure no correspondente expediente social.

Con relación ás persoas inmigrantes participantes nos programas, deberán ser persoas en situación ou risco de exclusión ou nunha situación de vulnerabilidade derivada de súa situación de inmigrante e ter constancia desta condición de inmigrante ou da súa orixe estranxeira. A situación de exclusión ou vulnerabilidade acreditarase mediante declaración responsable da entidade local solicitante da subvención.

Tamén poderán ser persoas destinatarias do programa aquelas persoas beneficiarias ou solicitantes de protección internacional que poidan chegar á Comunidade Autónoma de Galicia.

Na ficha de descrición da actuación dos anexos II, III, IV, V e VI deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas destinatarias dos programas e o seu perfil.

2. Con carácter xeral, e sen prexuízo da percepción da renda de inclusión social de Galicia, se é o caso, é incompatible a participación dunha persoa nun programa de apoio á inclusión sociolaboral coa participación, no mesmo período que se subvenciona, noutro programa de apoio á inclusión sociolaboral de similar contido, realizado noutro dispositivo público ou privado de inclusión social financiado por fondos públicos. Para estes efectos, contarase coa información contida na aplicación informática Inclusión social ou outras ferramentas que permitan a comprobación.

Artigo 7. Gastos que se subvencionan

1. Para os efectos da presente orde, consideraranse gastos subvencionables das actuacións establecidas no artigo 5 os seguintes:

a) Gastos directos. Terán esta consideración os que a continuación se relacionan, sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, polo tanto, se refiran inequivocamente a ela:

1º. Gastos de persoal propio da entidade solicitante da subvención. Serán subvencionables os custos salariais totais correspondentes á execución do programa, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social. A identificación da actuación que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha asignación previa de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita actuación como no caso de dedicación parcial.

2º. Gastos de traballadores/as por conta propia.

3º. Axudas de custo e gastos de viaxe, que se rexerán na súa contía pola normativa establecida nos convenios colectivos aplicables.

4º. Gastos por seguros de accidentes do alumnado e persoas participantes do programa que cubran os riscos derivados da actividade subvencionada.

5º. Indemnizacións aboadas en beneficio das persoas participantes do programa (bolsas por asistencia á acción formativa), salvo que sexan percibidas por persoas participantes dos programas titulares dunha renda de inclusión social de Galicia que inclúa ese complemento.

6º. Axudas por desprazamento para participantes nas accións subvencionables.

7º. Gastos de material formativo utilizados exclusivamente na formación dos programas subvencionados.

8º. Gastos de intermediación con empresas para a realización de prácticas non laborais.

9º. Alugamento de maquinaria específica para a formación.

b) Gastos de carácter indirecto que a continuación se relacionan, sempre que non correspondan en exclusiva á actuación subvencionada por ter carácter estrutural pero resulten necesarios para a súa realización:

1º. Gastos de persoal.

2º. Gastos en material funxible.

3º. Gastos de alugamento e mantemento das instalación do lugar da realización das actuacións como luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.

2. En todo caso, os programas subvencionables, segundo o disposto no artigo 4, deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados, no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013 e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027.

3. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos aos programas obxecto de todas as axudas reguladas na presente orde será do 1 de maio de 2023 ao 30 de abril de 2025.

Artigo 8. Subcontratación

1. Poderanse subcontratar as actuacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral do servizo de apoio á inclusión sociolaboral do artigo 5.1.a).1º e 2º, agás a diagnose e a avaliación do proxecto de inclusión.

Cando a entidade subcontratada sexa beneficiaria doutras axudas dirixidas á inclusión social para a realización de actuacións da mesma natureza que os programas subvencionados por esta orde, os beneficiarios das ditas actuacións deberán ser persoas diferentes, sendo de aplicación para a entidade subcontratada o réxime de incompatibilidade previsto no artigo 8.

A contía subcontratada non poderá superar o 80 % da contía concedida, e se superase o 20 % do total da subcontratación e a súa contía fose superior a 60.000,00 €, a subcontratación estará suxeita aos requisitos previstos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, a entidade local solicitante da subvención remitirá á Dirección Xeral de Inclusión Social, antes da súa celebración, a proposta de adxudicación de contrato para a súa autorización.

Con respecto ao resto das actuacións subvencionadas, non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade solicitante da subvención para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de persoal monitor, aluguer de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionadas con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

2. Cando, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe de cada un destes gastos supere as contías establecidas para os contratos menores segundo a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, 15.000,00 € para o caso de subministracións e servizos no ano 2023, a entidade solicitante da subvención deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo, excepto no caso de que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número delas ou que os gastos se realizasen con anterioridade á solicitude da subvención.

Artigo 9. Compatibilidade das axudas

A percepción das axudas para os programas previstos no artigo 4 é incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública de fondos comunitarios para o mesmo proxecto. No referente ao gasto de persoal, a parte da xornada que un posto de traballo dedica aos programas obxecto desta convocatoria financiarase exclusivamente con estas axudas e, de ser o caso, con achegas da propia entidade local, sen prexuízo de que ese mesmo posto de traballo poida estar tamén financiado por outras subvencións ou axudas públicas na parte da xornada non imputada a estes programas.

Nos supostos en que se declare algunha outra axuda ou ingreso que non proceda de fondos comunitarios para financiar actuacións subvencionadas, o importe da subvención que corresponda despois de aplicar os módulos correspondentes diminuirase na mesma contía que o ingreso percibido.

O conxunto de axudas percibidas para os programas non poderá exceder o custo total subvencionable.

Artigo 10. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.

3. A solicitude presentada por calquera tipo de agrupación de concellos para o desenvolvemento dun servizo ou programa exclúe a posibilidade de solicitude por parte dun concello que forme parte da agrupación para o mesmo programa.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do órgano competente da entidade en que conste o acordo ou resolución da entidade local de solicitar a subvención.

b) Capacidade de representación legal da persoa que asina a solicitude naqueles supostos en que o asinante sexa persoa distinta daquela que teña o cargo de alcalde/sa, presidente/a da entidade local ou representante da agrupación de concellos.

c) Compromiso, asinado pola persoa interventora da entidade local do mantemento separado da contabilidade ou ingreso da subvención concedida.

d) Documentos específicos para a descrición dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables nos anexos II (poboación xitana), III (poboación inmigrante), IV (persoas en situación de risco ou exclusión social), V (persoas sen fogar) e VI (programas complementarios de educación e apoio familiar), segundo a tipoloxía do programa que se presente. Deberase presentar un anexo por cada un dos programas solicitados. A información mínima contida nestes anexos poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante da subvención, nunha memoria complementaria. En todo caso, deberanse indicar as actuacións previstas en cada anualidade do período de imputación previsto no artigo 7.3.

e) En caso de solicitudes formuladas por calquera tipo de agrupación de concellos, deberán achegar:

1º. Para os efectos establecidos no artigo 3, as mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas que pretendan acreditar a realización conxunta de programas deberán presentar unha memoria de actuación en que conste unha relación de posibles destinatarios na cal figure o seu empadroamento actual e a sede do servizo onde se lles vaia dispensar a atención.

2º. O convenio onde se fagan constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada concello membro da agrupación, e a persoa apoderada única.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.

b) Documento nacional de identidade ou número de identidade estranxeiro da persoa representante.

c) Situación no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Situación no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

f) Grupo de cotización dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados á execución dos programas subvencionados.

g) Situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de anexo I de solicitude e/ou no anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, segundo o caso, e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos corresponde á subdirección xeral competente en materia de programas de inclusión. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. Se a solicitude non reúne algúns dos requisitos exixidos, conforme o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o órgano instrutor requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se considerará que desisen da súa petición, logo da correspondente resolución.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aquelas actuacións que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidas á Comisión encargada da súa valoración, regulada no artigo 15.

4. As solicitudes que non cumpran as exixencias contidas nesta orde ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución desestimatoria ou de inadmisión, que deberá ser motivada e que elevará ao órgano competente para a resolución, de conformidade co disposto no artigo 17. A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia nos termos establecidos no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. No exercicio das súas funcións, o instrutor do procedemento poderá solicitar informe ao órgano administrativo con competencias en materia de autorización e inspección de servizos sociais acerca do grao de cumprimento da normativa en materia de inscrición de entidades e autorización dos centros e/ou programas de servizos sociais, e tamén informes dos servizos técnicos pertinentes, tanto a nivel central como territorial, os cales non terán carácter preceptivo nin vinculante. Así mesmo, poderá requirir das entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

6. O órgano instrutor elevará ao órgano de resolución a proposta elaborada conforme o informe da Comisión de Valoración.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, crearase unha comisión de valoración, que será o órgano colexiado encargado de emitir o correspondente informe no cal se concrete o resultado desa avaliación, indicando a puntuación e a axuda aplicable en cada caso. No funcionamento da Comisión aplicaranse as disposicións que regulan os órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidente/a: a persoa titular da subdirección xeral competente en materia de programas de inclusión. No caso de ausencia, a suplencia será exercida pola persoa funcionaria co mesmo rango que a persoa titular e que estea adscrita á dirección xeral competente en materia de inclusión social.

b) Vogais: a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de coordinación de programas de inclusión, a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de atención ás persoas inmigrantes e un/unha funcionario/a adscrito/a á subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social.

Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar una presenza equilibrada de homes e mulleres.

2. O/a secretario/a, con voz pero sen voto, será un/unha funcionario/a, adscrito/a á subdirección xeral competente en materia de programas de inclusión proposto/a pola persoa titular da presidencia.

3. En caso de ausencia dalgún membro da Comisión de Valoración, será substituído pola persoa designada polo/a presidente/a.

4. Para o exercicio das súas funcións, esta comisión poderá ter en conta informes dos servizos técnicos pertinentes, que non terán carácter preceptivo nin vinculante.

Artigo 16. Criterios de valoración das subvencións

1. O procedemento de concesión das subvencións para as prestacións dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables establecidos e complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social dos artigos 4.1 e 4.2 atenderá a un réxime de concorrencia competitiva, e as solicitudes valoraranse cun máximo de 100 puntos, conforme o seguinte baremo:

a) Obxectivos, necesidade social e carácter innovador da actuación, ata 60 puntos coa seguinte desagregación:

1º. Complementariedade con outros recursos do Sistema galego de servizos sociais existentes no territorio, ata 10 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: a entidade colabora con outras institucións privadas, ata 4 puntos; a entidade colabora con outras institucións públicas, ata 5 puntos; a entidade colabora con institucións públicas e privadas, ata 10 puntos.

2º. Necesidade social, ata 20 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: a entidade non explicita a necesidade social, 0 puntos; refire a necesidade social de forma xenérica, sen explicitar como o programa vai facer de maneira concreta fronte á necesidade social, 5 puntos; define claramente a necesidade social, na zona en que vai intervir e do colectivo con que se traballa, e precisa información, como o número de persoas destinatarias do programa e medidas detalladas de como o programa vai facer fronte a ela, 10;

2º.1. Prestacións de inclusión residencial, 15 puntos. Se a prestación contén actuacións específicas de acompañamento a mulleres sen fogar, alcanzarase a puntuación máxima de 20 puntos.

2º.2. Nas prestacións dirixidas á inclusión social da poboación inmigrante, a necesidade social valorarase en función das porcentaxes de poboación que se indican a seguir:

2º.2.1. Do 2,5 % ao 3,5 % de poboación inmigrante: 3 puntos.

2º.2.2. Do 3,5 % ao 5 % de poboación inmigrante: 4 puntos.

2º.2.3. De máis do 5 % de poboación inmigrante: 5 puntos.

2º.2.4. Incremento adicional ás puntuacións nos seguintes casos:

2º.2.4.1. Entre 1.001 e 4.000 persoas inmigrantes: 6 puntos.

2º.2.4.2. Entre 4.001 e 9.000 persoas inmigrantes: 5 puntos.

2º.2.4.3. Superar as 9.000 persoas inmigrantes: 10 puntos.

3º. Número de persoas que se prevé atender na prestación, ata 20 puntos:

3º.1. De 60 ou máis persoas atendidas: 20 puntos.

3º.2. Entre 31 e 59 persoas atendidas: 10 puntos.

3º.3. Entre 11 e 30 persoas atendidas: 7 puntos.

4º. Continuidade na presentación de proxectos: 10 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: a prestación obtivo subvención anteriormente un ano, 2 puntos; máis de dous anos, 4 puntos; máis de 3 anos, 6 puntos; máis de 4 anos, 8 puntos, máis de 5 anos, 10 puntos.

b) Carácter integral dos proxectos de maneira que se aborden conxuntamente varias das prestacións y/o accións subvencionables: 10 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: o programa solicitado inclúe máis dunha prestación, 4 puntos; máis de dúas prestacións, 6 puntos; máis de 3 prestacións, 8 puntos; máis de 4 prestacións, 10 puntos.

c) Existencia dun plan municipal de igualdade nos termos da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, ata 10 puntos.

d) Proxectos compartidos, ata 20 puntos, distribuídos do seguinte modo:

1º. Pola presentación de solicitude conxunta por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula, agrupación, asociación, mancomunidade, ou calquera outra similar, excepto a fusión de concellos: 10 puntos.

2º. Memoria de aforro de custos respecto da prestación de modo individual: 10 puntos.

No caso de proxectos compartidos presentados por unha fusión de concellos, outorgarase a puntuación máxima desta epígrafe, 20 puntos.

Artigo 17. Determinación do importe das subvencións para programas

1. Unha vez valoradas as solicitudes por tipoloxías conforme os criterios establecidos no artigo anterior, obterase unha relación ordenada, a cal se empregará como lista para a asignación do crédito dispoñible na convocatoria, que se distribuirá segundo o establecido no seguinte número.

2. O crédito asignado para cada anualidade de gasto distribuirase en función da puntuación xeral resultante en orde decrecente, de tal forma que, unha vez esgotado o crédito dispoñible para unha das anualidades, continuará asignándose o correspondente á outra anualidade de maneira independente. Para estes efectos, a anualidade de 2023 comprenderá as actuacións comprendidas desde o 1 de maio ata o 30 de novembro de 2023, a anualidade de 2024 as actuacións desde o 1 de decembro de 2023 ata o 30 de novembro de 2024, e a anualidade de 2025 desde o 1 de decembro de 2024 ata o 30 de abril de 2025.

3. De conformidade co previsto no artigo 2.2, as solicitudes susceptibles de axuda que non se inclúan na proposta de resolución por estar esgotado o crédito dispoñible quedarán en reserva para seren atendidas, ben co crédito que queda libre por producirse algunha renuncia ou por modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido nos artigos 30.2 e 33.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado nestas bases, as cales respectarán a orde de prelación previamente realizada.

4. Os módulos que se aplicarán ás prestacións subvencionables establecidas no artigo 5 serán os seguintes:

a) Módulo de apoio á inclusión sociolaboral:

1º. Sección de inclusión básica 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos realizado por persoal técnico cunha titulación universitaria, titulación superior de formación profesional complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida.

En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos en que así estea establecido pola normativa legal e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa, ou varios profesionais con dedicación parcial. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 80 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizadas, polo menos, as prestacións que a Carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias para esta sección, que serán a diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.

2º. Sección de inclusión e transición ao emprego 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que no punto anterior, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable para cada profesional a xornada completa ou varios profesionais con dedicación parcial.

Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 80 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizadas, polos menos, as prestacións que a Carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias para esta sección, que serán a diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais; accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.

O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

Nos programas dirixidos ás persoas sen fogar ou que se atopan en situación de exclusión severa exixirase, para unha dedicación a xornada completa, a atención de 30 persoas que deberán ter realizadas, polo menos, as prestacións obrigatorias elixidas do mesmo xeito que no punto anterior segundo deste ordinal.

O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

b) Módulo de formación adaptada/promoción da participación social/reforzo educativo 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos e indirectos realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que a prevista na letra a).

Os importes establecidos corresponderán cando asistan cinco participantes a un mínimo do 60 % do total das horas de formación.

c) Módulo de mediación social e/ou intercultural: 18,01 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico con formación profesional superior de grao medio, ou formación académica equivalente, complementada con coñecementos adquiridos por demostrada experiencia no seu posto de traballo en mediación intercultural. O seu encadramento profesional será o grupo profesional II do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación. O número de persoas mínimo que se deberá atender no período, cun máximo de 3.440 horas, é de 30, e rebaixarase proporcionalmente a contía que haxa que pagar no caso de xustificar un número menor de persoas.

d) Módulo de asesoramento técnico especializado no ámbito normativo en materia de estranxeiría: 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación á xornada completa dunha persoa coa titulación en dereito e encadramento no grupo profesional I do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que non estea no seu ámbito de aplicación. O número de persoas mínimo que se deberá atender no período, cun máximo de 3.440 horas, é de 48, e rebaixarase proporcionalmente a contía que haxa que pagar no caso de xustificar un número menor de persoas.

e) Módulo de apoio á inclusión residencial: 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que a prevista na letra a). O número de persoas mínimo que se deberá atender no período, cun máximo de 3.440 horas, é de 30, e rebaixarase proporcionalmente a contía que haxa que pagar no caso de xustificar un número menor de persoas.

f) Módulo de educación e apoio familiar: 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que a prevista na letra a). O número de persoas mínimo que se deberá atender no período, cun máximo de 3.440, é de 20, e rebaixarase proporcionalmente a contía que haxa que pagar no caso de xustificar un número menor de persoas. No caso dos núcleos familiares, se son varias as persoas atendidas para estes efectos computarse só unha destas persoas.

5. A contía máxima de axuda por programa establécese en 170.000,00 € euros para todo o período e para cada concello, en caso de mancomunidades ou fusión de concellos, que se subvenciona. Para o caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para atender todas as actuacións solicitadas, as entidades locais que soliciten varias actuacións nun mesmo programa deberán priorizalas por orde de importancia no anexo I.

A subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social supervisará a realización de todas as actuacións previstas e poderá requirir á entidade solicitante a súa emenda se conteñen duplicidades ou contradicións que afecten a correcta xustificación das axudas.

Artigo 18. Resolución

1. A concesión das subvencións obxecto desta orde será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás entidades interesadas será de cinco meses, que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta orde. As resolucións estarán motivadas e indicarán a puntuación alcanzada no proceso de valoración.

Se vence o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada.

2. En todo caso, deberán notificarse a cada entidade beneficiaria as condicións da axuda. En particular, na resolución de outorgamento da subvención constará a información sobre o cofinanciamento polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nunha porcentaxe do 60 %, con indicación do obxectivo político, prioridade, obxectivo específico e medida. Así mesmo, figurarán a identificación da entidade beneficiaria, a contía da subvención e obrigacións que lle correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deben entregarse ou prestarse, o plan de financiamento, o prazo de execución e, se procede, o método que se aplicará para determinar os custos da operación e as condicións de pagamento da axuda, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

Así mesmo, tamén se informará o beneficiario de que a aceptación da subvención podería implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique, nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

3. Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención de conformidade co disposto no artigo 22, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación. No caso de non comunicala, entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

Artigo 19. Reformulación

En aplicación do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando o importe da axuda da proposta de resolución sexa inferior ao que figura na solicitude, poderase instar a entidade beneficiaria para que, nun prazo de dez días, reformule a solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención proposta e/ou formule as alegacións que considere pertinentes. En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos e que deron lugar ao seu outorgamento. Así mesmo, a dita reformulación non poderá comprometer a viabilidade do programa, polo que se deberán manter os gastos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.

Artigo 20. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa, ou seis meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

No caso de presentar o recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención, por instancia da entidade beneficiaria, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Sen prexuízo do establecido no artigo 18 e con carácter excepcional, poderanse efectuar resolucións complementarias fóra do prazo establecido, cando non fose posible efectualas dentro del, por existiren fondos procedentes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas ou doutro tipo de remanentes, ou debido a un incremento dos créditos dispoñibles, nos termos establecidos polo artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Neste caso, salvo que se acuda a unha nova convocatoria, non poderán terse en conta outras solicitudes distintas ás consideradas para a resolución inicial.

Artigo 22. Notificacións e publicacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas complementarias da resolución practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta ao dispor das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta ao dispor da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 23. Infraccións e sancións

Será de aplicación ás entidades beneficiarias das subvencións recollidas na presente orde o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 24. Obrigas das entidades locais subvencionadas

1. As entidades locais que sexan subvencionadas deberán:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. En todo caso, as actuacións prestaranse de acordo co establecido na Carteira de servizos sociais de inclusión definida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, en todos os aspectos que sexan de aplicación.

b) Manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

c) Conservar todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciba axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento ao beneficiario, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

d) Cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021. En particular, de conformidade cos artigos 47 e 50 do devandito Regulamento, nos espazos en que se desenvolvan as actuacións contarán co emblema da Unión Europea xunto coa declaración «Cofinanciado pola Unión Europea». Igualmente, nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación nun lugar ben visible para o público. Tamén se fará unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispoñer delas, mencionando os obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea. Ademais, en todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible.

e) Informar, de ser o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e Xuventude, e polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+); deben figurar os emblemas correspondentes, como mínimo, nos partes de asistencia/participación, enquisas de avaliación ou certificados de asistencia e nos documentos que se lles faciliten ás persoas participantes nas actuacións.

f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiadas ás fórmulas que, de ser o caso, propoña a Consellería de Política Social e Xuventude e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020.

En particular, deberán realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e de resultados previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2021/1057.

Os indicadores de realización relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/a participante coa actuación subvencionada, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no devandito regulamento.

Para estes efectos, facilitaráselles ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación informática de rexistro e almacenamento dos datos de indicadores que poña á súa disposición o organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, Participa 2127 e os oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos.

g) Axustarse na execución das accións aos obxectivos que, de ser o caso, estableza a Consellería de Política Social e Xuventude a través da Dirección Xeral de Inclusión Social. En particular, con respecto ás persoas participantes recadará información sobre os indicadores de realización e resultado. Para a acreditación deste dato, a entidade deberá recadar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lles permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para o seguimento da súa intervención social.

Estes indicadores deberán consignalos e asinalos os participantes e telos á disposición da Consellería de Política Social e Xuventude cando sexan requiridos.

Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán custodiar a ficha individualizada de seguimento e os cuestionarios de indicadores de realización e resultado de cada unha das persoas participantes, asinada pola participante, segundo os modelos dispoñibles na aplicación informática de rexistro e almacenamento dos datos de indicadores que poña á súa disposición o organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

h) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude, en especial, os relativos á subministración de información, nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no titulo I da Lei 1/2016, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada pola actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

i) Controlar a asistencia ás accións formativas e expedir certificado de aproveitamento para os participantes que asistisen, como mínimo, ao 60 % do total das súas horas.

j) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Inclusión Social a autorización das modificacións que afecten o lugar e o tempo da realización ás actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días á data en que se produzan. A autorización considérase outorgada tacitamente unha vez transcorrido o prazo de quince días desde que se recibise a solicitude.

k) Remitir no prazo de dez días hábiles os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude.

l) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Política Social e Xuventude; ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nos termos establecidos no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas; ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Entre a información e a documentación que debe conservarse incluiranse os contratos laborais e os mercantís se se trata de persoal externo; información da situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras adscritas, das horas dedicadas polos traballadores a cada unha das prestacións e do lugar de impartición. Ademais, deberase conservar a documentación relativa ao control horario, ás verificacións de asistencia e aquela de que dispoñan nos casos en que a titulación exixida poida ser suplida por coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión e complementados con formación específica.

m) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades e os dos desprazamentos para a asistencia a elas.

n) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

o) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

2. Os servizos da Consellería de Política Social e Xuventude poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nesta orde.

Comunicar e informar os cidadáns de que as actuacións foron cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para xustificar o cumprimento dos indicadores de comunicación previstos no programa. A Dirección Xeral de Inclusión Social solicitará proba documental do cumprimento desta obriga, que deberá ser facilitada no prazo de 10 días. O incumprimento desta obriga ou non proporcionar a proba documental nos prazos exixidos poderá supoñer unha minoración da contía total da axuda na forma prevista no artigo 27.

Artigo 25. Prazos e modalidades de xustificación

1. A xustificación dos programas realízase a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 53.1.b) e d), 53.3.a) e e), 55.2.a) e 56.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, de modo independente para cada unha das actuacións subvencionadas.

2. As entidades beneficiarias deberán xustificar cada anualidade de xeito independente. O primeiro período comprende as actuacións realizadas entre o 1.5.2023 e o 30.11.2023, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5.12.2023. A segunda anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1.12.2023 e o 30.11.2024, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5.12.2024. A terceira anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1.12.2024 e o 30.4.2025, e a xustificación presentarase con data límite do 15.5.2025.

Artigo 26. Forma de xustificación

1. A documentación necesaria para xustificar os programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana, inmigrante, persoas en situación ou risco de exclusión social e persoas sen fogar previstos no artigo 4.1 será a seguinte:

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante todo o período subvencionable:

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral e reforzo educativo: requirirá a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento da subvención no anexo VII.

1º.2. Declaración responsable para a fase de xustificación no anexo VIII.

1º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

1º.4. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

O grupo de cotización dos traballadores asignados a este módulo será 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrado dentro do grupo profesional I do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

1º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, en que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada, e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

2º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

2º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

2º.4. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

O grupo de cotización dos traballadores asignados a este módulo será 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrado dentro do grupo profesional I do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

2º.5. Partes de asistencia das actuacións realizadas no período xustificado onde conste o número total de horas de formación, asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

3º. No caso das actuacións de mediación social e/ou intercultural e asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría:

3º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

3º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

3º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

3º.4. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

O grupo de cotización dos traballadores asignados a mediación social e intercultural será 2 ou 3, e para o asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría, o 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización deberá presentar xustificación de que está encadrado dentro do grupo profesional II se se trata de traballadores asignados a mediación social e intercultural, e I se prestan o asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría, do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

3º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

4º. No caso das actuacións de inclusión residencial:

4º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

4º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

4º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

4º.4. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

O grupo de cotización dos traballadores asignados a este módulo será 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrada dentro do grupo profesional I do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

4º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas:

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral e reforzo educativo: requirirá a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

1º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

1º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

1º.4. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase o anexo X, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

1º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, en que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

1º.6. Acreditación do número total das persoas atendidas e das traballadoras asignadas á prestación durante o período subvencionado.

Se as persoas atendidas acadasen todas as prestacións obrigatorias, achegarase información da entidade extraída da aplicación Inclusión ou no modelo que determine a Consellería de Política Social e Xuventude, de que a persoa realizou as prestacións obrigatorias, e dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención. Esta información deberá estar asinada tamén polos traballadores e polo beneficiario da prestación.

Para as persoas atendidas que non acadasen as prestacións obrigatorias, presentarase declaración responsable da entidade de cales foron as persoas atendidas, de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de realización, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de impartición. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Consellería de Política Social e Xuventude. No caso do reforzo educativo, a acreditación das persoas atendidas, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de actuación, farase mediante declaración responsable no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

No caso do reforzo educativo, achegarase información da entidade extraída da aplicación Inclusión ou no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social da prestación impartida, que deberá estar asinada pola entidade, o traballador e o participante (no caso dos menores de 14 anos, deberá ser asinada polo pai, ou nai ou representante legal do menor), e certificado final das horas realizadas que acredite a asistencia de cinco participantes a un mínimo do 60 % do total das horas impartidas.

1º.7. Respecto das actuacións de apoio á inclusión sociolaboral dirixidas á atención de persoas sen fogar ou exclusión severa, presentarase certificado emitido por un profesional competente acreditativo da situación.

1º.8. Memoria técnica do programa rematado segundo o guión do anexo XI.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada, e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

2º.2. Declaración responsable do anexo VIII.

2º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

2º.4. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase o anexo X, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

2º.5. Declaración responsable da entidade dos indicadores de realización das persoas atendidas, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

2º.6. Partes de asistencia das actuacións realizadas no período xustificado onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

2º.7. No caso de que as actuacións se realizasen por medios telemáticos, follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, en que conste un resumo do número total de horas do período subvencionado.

Nestes casos é necesario deixar constancia evidente da efectiva impartición da actividade, tales como capturas de pantalla, exercicios enviados e respondidos, mensaxaría instantánea, actividade a través de redes sociais ou calquera outra proba acreditativa da relación a distancia entre a entidade beneficiaria e o destinatario final.

2º.8. Certificado de finalización da acción formativa.

2º.9. Memoria técnica do programa rematado segundo o guión do anexo XI.

3º. No caso das actuacións de mediación social e/ou intercultural e asesoramento técnico:

3º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

3º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

3º.3. Memoria económica e xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

3º.4. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase o anexo X, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

3º.5. Acreditación do número total das persoas atendidas e das traballadoras asignadas á prestación durante o período subvencionado. Presentarase unha declaración responsable da entidade de cales foron as persoas, de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de realización, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

3º.6. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

3º.7. Memoria técnica do programa rematado segundo o guión do anexo XI.

4º. No caso das actuacións de inclusión residencial.

4º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

4º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

4º.3. Memoria económica e xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

4º.4. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase o anexo X, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

4º.5. Acreditación do número total das persoas atendidas e das traballadoras asignadas á prestación durante o período subvencionado. Presentarase unha declaración responsable da entidade de cales foron as persoas, de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de realización, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

4º.6. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

4º.7. Memoria técnica do programa rematado segundo o guión do anexo XI.

2. A documentación necesaria para xustificar os programas complementarios de educación e apoio familiar previstos no artigo 4.2 será a seguinte:

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante todo o período subvencionable:

1º. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3º. Memoria económica e xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

4º. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

O grupo de cotización dos traballadores asignados a este módulo será 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrado dentro do grupo profesional I do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

5º. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa polo persoal dedicado á actuación, asinado polo traballador e pola entidade responsable.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas:

1º. Solicitude de pagamento no anexo VII.

2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3º. Memoria económica e xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

4º. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase o anexo X, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

5º. Acreditación do número total das persoas atendidas e das traballadoras asignadas á prestación durante o período subvencionado. Presentarase unha declaración responsable da entidade de cales foron as persoas, de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de realización, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención.

6º. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e pola persoa responsable da entidade.

7º. Memoria técnica do programa rematado no anexo XI.

3. Para homoxeneizar a documentación xustificativa, toda a documentación debe presentarse obrigatoriamente segundo os modelos dispoñibles a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude, excepto aqueles que poidan extraerse da plataforma informática.

Artigo 27. Forma de pagamento

1. O importe de axuda que percibirá será o resultado obtido de multiplicar o importe de cada unidade de atención realizada polo número das efectivamente xustificadas, salvo que as persoas atendidas non sexan suficientes en función da natureza da prestación.

2. No caso do servizo de apoio á inclusión e servizo de inclusión residencial, se non se acredita a atención do número mínimo de persoas establecido en función da dedicación horaria declarada ou non se mantén a porcentaxe de persoas que deben ter realizadas as actuacións obrigatorias, efectuarase a unha redución proporcional da subvención concedida en función da porcentaxe do incumprimento.

Artigo 28. Reintegro das subvencións concedidas

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é ou caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Particularmente, acadará a porcentaxe dun 2 % de minoración sobre a contía total da axuda percibida o incumprimento das obrigas recollidas no artigo 24.1.b) e d). O incumprimento das obrigas establecidas no artigo 24.1.j) e k) implicará que a correspondente acción formativa se considere non realizada, agás no caso da establecida no artigo 24.1.k), cando se poida acreditar que a non comunicación en prazo se debe a causas imprevistas debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

Procederá o reintegro do 10 % no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas.

Procederá o reintegro do 100 % do importe da subvención percibida máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que puideren corresponder, polo incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas.

No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar en fase de xustificación, como obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc., estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste número resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

3. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con axudas ou subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria.

4. As cantidades que teñan que reintegrar as entidades beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.

5. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

6. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a entidade beneficiaria poderá realizar a devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de demora. No documento de ingreso deberá identificarse o número do expediente, o concepto da devolución, e o nome e NIF do beneficiario. Unha vez ingresado, deberase informar a Dirección Xeral de Inclusión Social da devolución voluntaria realizada.

Artigo 29. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 30. Control

1. A Consellería de Política Social e Xuventude poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde.

2. Sen prexuízo do indicado no número anterior, a Consellería de Política Social e Xuventude realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade, á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente da Dirección Xeral de Inclusión Social xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

3. Ademais do anterior, todas as entidades locais beneficiarias destas axudas estarán sometidas ás actuacións de comprobación e control e deberán facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 74 a 80 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

4. Por outra parte, de conformidade co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social a actuar, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, o recoñecemento das obrigacións e a proposta de pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional segunda. Medidas contra a fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer tales feitos en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo, no seguinte enderezo https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Paginas/ComunicacionSNCA.aspx

Mentres non se habilite outra canle específica para o Programa FSE+ Galicia 2021-2027, os devanditos feitos poderán poñerse en coñecemento a través da seguinte: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Disposición adicional terceira. Resolución de dúbidas ou controversias

As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Consellería de Política Social e Xuventude por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular do órgano de dirección con competencias en materia de inclusión social da Consellería de Política Social e Xuventude para ditar os actos e instrucións que sexan necesarios para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XI

Guión para a elaboración da memoria técnica do programa rematado

1. Datos relativos á actuación.

a) Denominación da entidade.

b) Denominación da actuación con indicación do marco en que se desenvolve.

2. Xustificación da actuación.

3. Obxectivos.

a) Obxectivo xeral.

b) Obxectivos específicos.

4. Recursos empregados.

a) Recursos humanos, especificando a súa titulación e dedicación horaria á actuación.

b) Recursos materiais, especificando os que son cedidos e a cooperación con outras entidades, de ser o caso.

5. Actuacións desenvolvidas.

a) Cronograma.

b) Datas de inicio e remate.

c) Número de horas.

d) Modo de selección de participantes.

e) Metodoloxía do programa, incluíndo como se aplicou a perspectiva de xénero no seu desenvolvemento. Referencia ás técnicas e procedementos da intervención, facendo especial fincapé, se é o caso, naqueles con compoñente innovador.

f) Relación de participantes con expresión do DNI ou equivalente.

g) Lugar onde se realiza e descrición das instalacións.

h) Outros datos de interese como asistencia, número de baixas, motivación, dificultades, desagregados por sexo.

i) Coordinación con outros dispositivos como equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios, outras entidades.

6. Perfil:

1º. Clasificación segundo o sexo: (número de homes, número de mulleres).

2º. Clasificación segundo a idade (por sexo).

3º. Clasificación por nivel de estudos (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas como inmigrantes, minorías étnicas, sen teito, por sexo.

5º. Clasificación por situación laboral e sexo.

a) Perfil das persoas con inserción laboral:

1º. Número total de insercións laborais.

2º. Clasificación segundo o sexo (número de homes, número de mulleres).

3º. Clasificación segundo a idade (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas dos participantes por sexo.

5º. Clasificación por nivel de estudos por sexo.

6º. Datos relativos ao tipo de contrato, xornada e sector de actividade por sexo.

7. Avaliación cualitativa da actuación.

a) Grao de cumprimento de obxectivos.

b) Protocolo de seguimento de actuacións e participantes.

c) Valoración do alumnado/persoas participantes/usuarias.

d) Resultado de indicadores de avaliación.

e) Conclusións. Aspectos que destacaría como boa práctica.

As entidades deberán seguir este guión, e poderán engadir nas súas memorias os aspectos que consideren significativos para a valoración das actuacións desenvolvidas.

A entidade deberá presentar unha memoria para cada unha das actuacións subvencionadas.