DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53304

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no segundo cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do
ano 2023

Título do convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado polo IGVS

Data da sinatura

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 26 de outubro de 2017, relativo á área de rexeneración e renovación urbana del núcleo urbano histórico de Padrón, Comunidade Autónoma de Galicia. Prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Modificar o número de vivendas obxecto de edificación e rehabilitación, así como a redistribución dos custos e do financiamento inicialmente previsto, sen que supoña incremento ningún dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: rehabilitación 24+2=26.

Sen achega

3.5.2023

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 26 de outubro de 2017, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo urbano de Quiroga, Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún do financiamento inicialmente previsto, na forma que se detalla a seguir: rehabilitación 14+3=17.

Sen achega

9.5.2023

Acordo nº 10 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección, no concello de Betanzos, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU,, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección de Betanzos, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 11 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Conxunto histórico de Corcubión, no concello de Corcubión, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Conxunto histórico de Corcubión, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 12 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no concello da Coruña, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: Cidade vella e a Peixaría, Grupo de vivendas María Pita-Labañou, Grupo casas de Franco-Ventorrillo, Barrio das Flores.

Rehabilitar edificios de vivendas dos ditos CRRP delimitados da Coruña, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 13 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Núcleo histórico de Muros, no concello de Muros, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Núcleo histórico de Muros, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 14 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Núcleo histórico de Noia, no concello de Noia, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Núcleo histórico de Noia, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 15 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no concello de Santiago de Compostela, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: Núcleo histórico de Santiago de Compostela, Promocións públicas do Ministerio de Vivenda do século XX.

Rehabilitar edificios de vivendas dos ditos CRRP delimitados Núcleo histórico de Santiago de Compostela e Promocións públicas do Ministerio de Vivenda do século XX, de Santiago de Compostela, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 16 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada de Vilanova de Lourenzá, no concello de Lourenzá, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Vilanova de Lourenzá, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 17 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Núcleo histórico e barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños, no concello de Mondoñedo, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Núcleo histórico e barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños, Mondoñedo, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 18 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Conxunto histórico e zonas de respecto, no concello de Monforte de Lemos, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Conxunto histórico e zonas de respecto de Monforte de Lemos, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 19 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Núcleo urbano de Quiroga, no concello de Quiroga, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Núcleo urbano de Quiroga, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 20 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no concello de Ribadeo, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: Núcleo histórico de Ribadeo, Núcleo de Rinlo.

Rehabilitar edificios de vivendas dos ditos CRRP delimitados do Núcleo urbano de Ribadeo e Núcleo de Rinlo, Ribadeo, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 21 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Concello rural de Sober, no concello de Sober, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Concello rural de Sober, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 22 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Contorno Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo medieval de Vilanova dos Infantes, no concello de Celanova, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Contorno Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo medieval de Vilanova dos Infantes, Celanova, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 23 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Núcleo antigo de Cortegada, no concello de Cortegada, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Núcleo antigo de Cortegada, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 24 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no concello de Ourense, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: Conxunto histórico de Ourense-Chou, Núcleo de interés etnográfico de Seixalbo, Polvorín, Camelias, Carballeira, Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado, A Inmaculada.

Rehabilitar edificios de vivendas dos ditos CRRP delimitados de Ourense, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 25 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no concello de Ribadavia, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: Núcleo histórico de Ribadavia, Núcleo antigo de San Cristovo.

Rehabilitar edificios de vivendas dos ditos CRRP delimitados de Ribadavia, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 26 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no concello da Veiga, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: Aldeas de montaña, Aldeas ribeireñas do río Xarés, Aldeas Rede natura 2000.

Rehabilitar edificios de vivendas dos ditos CRRP delimitados de Aldeas de montaña, Aldeas ribeireñas do río Xarés, Aldeas Rede natura 2000, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 27 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada Núcleo de Vilar de Santos, no concello de Vilar de Santos, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Núcleo de Vilar de Santos, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 28 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada Núcleo vello e barrio da banda do río Lameira, no concello de Marín, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Núcleo vello e barrio da banda do río Lameira, Marín, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 29 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Descontinuo das Neves, no concello das Neves, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Descontinuo das Neves, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 30 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada de Combarro, no concello de Poio, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Combarro, Poio, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 31 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada da zona vella de Ponteareas, no concello de Ponteareas, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Zona vella de Ponteareas, Ponteareas, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 32 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada de Torneiros, no concello do Porriño, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rehabilitar edificios de vivendas do CRRP Torneiros do Porriño, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Acordo nº 33 da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada delimitado no concello de Vigo, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia ─financiado pola Unión Europea─ NextgenerationEU, na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: San Roque, Zona vella de Vigo, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, 2Grupo Fenosa, A Salgueira, Gorxal, Descontinua de Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas públicas.

Rehabilitar edificios de vivendas dos ditos CRRP delimitados de Vigo, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021.

Sen achega

11.5.2023

Addenda para a modificación do Acordo de Comisión Bilateral que tivo lugar o 26 de outubro de 2017, relativo á área de rexeneración e renovación urbana da zona vella de Vigo (Pontevedra), Comunidade Autónoma de Galicia. Prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún do financiamento inicialmente previsto, na forma que se detalla a seguir: rehabilitación 90+30=120.

Sen achega

18.5.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda.

Garantir os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e adecuada e de ofrecer á cidadanía un asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda, que non estean comprendidas nas actuacións propias do servizo de asistencia xurídica gratuíta e quenda de oficio. O IGVS e o CAG levan formalizando convenios nese sentido desde o ano 2020.

Sen achega

22.5.2023

Addenda ao acordo de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e sustentabilidade dos sistemas de información deste organismo.

Modificar o Acordo asinado para poder dar continuidade ao servizo para desenvolver novas funcionalidades, así como o soporte e mantemento dos sistemas de información que lle permiten ao IGVS levar a cabo as funcións que lle son propias coas garantías necesarias

2021: 122.468,75 € 2022: 297.500,00 € 2023: 500.031,25 € 2024: 388.253,00 €

2025: 388.253,00 €

25.5.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Concello de Mondoñedo (Lugo) para o financiamento dun centro de rexeneración urbana de interese autonómico.

Precisar os obxectivos, o financiamento e o funcionamento do centro Rexurbe de Mondoñedo, así como os mecanismos de actuación conxunta e coordinada para facilitar o cumprimento e a execución das diferentes actuacións, dos plans e dos programas en materia de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas.

2023: 42.398,01€

2024: 84.796,00€

2025: 42.398,01€

30.6.2023

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana Barrios históricos A Magdalena e Ferrol Vello, de Ferrol (A Coruña), Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: Barrios históricos A Magdalena e Ferrol Vello (15ª fase) 85+35 =120.

Sen achega

30.6.2023

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 26 de outubro de 2018, relativo ás áreas de rexeneración e renovación urbana grupo de vivendas María Pita en Labañou e Ventorrillo-Casas de Franco, na Coruña (A Coruña), Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: grupo de vivendas María Pita en Labañou (1ª fase) 88+17=105

Ventorrillo-Casas de Franco (1ª fase) 76+60 = 136.

Sen achega

30.6.2023

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo a área de rexeneración e renovación urbana do núcleo histórico de Viveiro (Lugo), Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir:

Núcleo histórico de Viveiro (17ª fase) 25+32=57.

Sen achega

30.6.2023

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana Núcleo histórico de Ribadavia (Ourense), Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: núcleo histórico de Ribadavia (16ª fase) 12+5=17.

Sen achega

30.6.2023

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 2 de decembro de 2020, relativo á área de rexeneración e renovación urbana e rural denominada Camiños de Santiago 7ª fase, nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: Camiños de Santiago (7ª fase) 225+477=702.

Sen achega

3.7.2023

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 1 de decembro de 2021, relativo á área de rexeneración e renovación urbana rúas Bueu-Moaña, Polígono de Coia, en Vigo (Pontevedra), Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: rúas Bueu-Moaña, Polígono de Coia (6ª fase) 80+26=106.

Sen achega

11.7.2023

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral, que tivo lugar o 2 de decembro de 2020, relativo á área de rexeneración e renovación urbana e rural denominada Camiños de Santiago 7ª fase, nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación e de edificación, así como a redistribución do custo e do financiamento inicialmente previstos, sen que supoña incremento ningún dos importes acordados, na forma que se detalla a seguir:

rehabilitación 150+225=702-1=701

edificación 0+0=0+1=1.

Sen achega

20.7.2023