DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53311

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2023 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2022 e no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2023.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase dar publicidade dos convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2022 e no primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2023, que se inclúen no anexo.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son

Auxilio e control da practica da pesca deportiva e de lecer nas instalacións do porto de Portosín e Porto do Son

5.9.2022

Non ten

Portos de Galicia e o Concello do Grove

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto do Grove no seu conxunto e a ordenación do trafico na zona portuaria

29.9.2022

Non ten

Portos de Galicia e o Concello da Laracha

Auxilio e control da práctica de pesca deportiva e de lecer nas instalacións do porto de Caión

18.10.2022

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Poio

Execución das actuacións de mellora do borde portuario de Raxó e xestión e mantemento das instalacións municipais dedicadas aos servizos públicos de saneamento, abastecemento e outros no dominio público portuario (en diante, DPP)

26.2.2023

638.857,04 €

Portos de Galicia, Augas de Galicia e o Concello de Burela

Actuación no DPP para a execución e o mantemento das obras de mellora do sistema de saneamento de Burela, fase I. Novo colector xeral de Burela

8.3.2023

Non ten

Portos de Galicia e o Concello do Grove

Xestión e mantemento das instalacións dedicadas aos servizos de saneamento do DPP no porto do Grove

8.3.2023

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Conservación e mantemento das obras de acondicionamento do contorno portuario de Aguiño e realización das obras de acondicionamento do contorno portuario de Aguiño e realización das obras, mantemento e conservación da remodelación do fronte marítimo do porto de Aguiño

24.5.2023

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Portonovo no seu conxunto e a ordenación do trafico na zona portuaria

3.8.2023

Non ten

Portos de Galicia e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Celebración do XVI Encontro de embarcacións tradicionais no porto de Sada

8.8.2023

Non ten