A xefa do Servizo de Administración e Xestión da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 9 de agosto de 2023, realizou requirimento de emenda da solicitude de aprazamento-fraccionamento, relativa á persoa con documento nacional de identidade número 46903717R.
Ao non poderse realizar a notificación persoal á mencionada persoa, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o devandito requirimento por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2023
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística