DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 53062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a modificación dun establecemento de acuicultura no polígono industrial de Cuíña, San Cibrao, Cervo.

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 110, do 9 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a modificación do establecemento que se describe:

Solicitante: Acuidoro, S.L.U. (B15139785).

Tipo: granxa.

Proxecto: ampliación das instalacións de acuicultura en Cervo, Lugo (edificio de Linguado fase II).

Localización: polígono industrial de Cuíña, San Cibrao, Cervo (Lugo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na praza de Europa, 5A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2023

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica