Expediente: IN407A 2023/153-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT A Castiñeira.
Concello: Santa Comba.
Feitos:
1. O día 22 de marzo do 2023 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de mellorar a calidade de subministración eléctrica no lugar da Castiñeira, concello de Santa Comba. Proxéctase a instalación dun centro de transformación de 100 kVA de potencia, unha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT NEG803 (expediente 19.374), procedente da subestación Negreira e dúas novas saídas soterradas de baixa tensión que se conectarán coa rede de baixa tensión existente.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:
• Proxecto de execución denominado LMT, CT y RBT A Castiñeira, asinado o 21 de xullo de 2022 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número colexial 502 de Ourense. Segundo consta nesta xefatura territorial, a especialidade do proxectista acreditouse mediante a certificación emitida polo COETIOU o 7 de febreiro de 2023, en que se sinala que Javier Fernández Pazos é enxeñeiro técnico industrial e posúe a especialidade en Electricidade.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo a Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Servizo do Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña e ao Concello de Santa Comba. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, isto é, Patrimonio Cultural.
4. Con data 24 de agosto de 2023 emitiuse un informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
f) A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Características técnicas:
As instalacións atópanse no lugar da Castiñeira, no concello de Santa Comba.
– LMTS a 20 kV de 675 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio número 9WLE0JK3//126-54 existente para substituír por un tipo C-1000/16, no cal se instalará un ITC, e remate no CTC proxectado.
– Retensado de treito LMTA a 20 kV de 371 m, condutor tipo LA-30 Al, coa orixe no apoio número 9WM4O659//126-53 existente da LMT NEG803 (expediente 19.374), procedente da subestación Negreira e remate no apoio número 9WKI2TN4//126-55 proxectado.
– CT no lugar da Castiñeira compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 24 de agosto de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña