DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52694

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023 pola que se fai público o acordo do Consello Reitor de nomeamento do posto de director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, convocado pola Resolución do 7 de agosto de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 152, do 10 de agosto).

Convocada a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, mediante a Resolución do 7 de agosto de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 152, do 10 de agosto de 2023), de conformidade co establecido na base oitava da referida resolución e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia de nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convocado pola Resolución do 7 de agosto de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 152, do 10 de agosto).

Segundo. A persoa seleccionada para o desempeño do posto de traballo de referencia exprésase no anexo desta resolución.

Terceiro. O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O/a director/a estará suxeito/a ao réxime de incompatibilidades establecido na normativa estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal ao seu servizo.

Cuarto. A presente resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Contra o acordo do Consello Reitor os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Sande Eslava, Marta.

Denominación do posto: director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais.

Código: PX.A11.00.005.15770.001.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: funcionario (subgrupo A1)/alta dirección.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro/Decreto 119/2012, do 3 de maio).

Dependencia: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.