Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 12 de abril de 2023 (DOG núm. 74, do 18 de abril de 2023), nomeouse o tribunal cualificador para o ingreso, entre outras, nas clases de ATS/DUE e inspector/a médico/a.
A Resolución do 25 de abril 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm. 86, do 5 de maio de 2023) nomeou novos membros, entre eles un do tribunal cualificador de ATS/DUE.
Na base sétima da Resolución do 24 de novembro de 2021, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.
De conformidade coa mencionada base e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,
ACORDA:
Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros, na condición de vogal titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na clase de ATS/DUE e titular e suplente na clase inspector/a médico/a, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021 (DOG núm. 235, do 9 de decembro), nos termos que a continuación se indican:
– Tribunal da clase de ATS/DUE.
Vogal titular: Mercedes Suárez Domínguez, funcionaria da Lei 17/1989, licenciada en Medicina e Cirurxía, en substitución de Francisco Jesús Represas Carrera, persoal estatutario, enfermeiro especialista.
– Tribunal da clase de inspector/a médico/a.
Vogal titular: José Luis Romero Miguel, funcionario da Lei 17/1989, inspector médico, en substitución de Carlos Pereira Fernández, funcionario da Lei 17/1989, inspector médico.
Vogal suplente: María Isabel Benasach Rey, funcionaria da Lei 17/1989, inspectora médica, en substitución de José Luis Romero Miguel, funcionario da Lei 17/1989, inspector médico.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos