DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52698

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 18 de maio para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefe de sección de Medicina Interna.

Convocada pola Resolución AC-02/2023, do 18 de maio de 2023 (DOG núm. 99, do 26 de maio), a provisión dun posto de xefe de sección de Medicina Interna, polo sistema de avaliación colexiada, esta Xerencia da Área Sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 208, do 31 de outubro); polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e pola Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de sección de Medicina Interna, realizada mediante a Resolución AC-02/2023, do 18 de maio de 2023 (DOG núm. 99, do 26 de maio).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 106, do 5 de xuño).

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 6 de setembro de 2023

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefe de sección de Medicina Interna.

Nome e apelidos: Eduardo Pastor Rubín de Celis.

DNI: ****687**.