Convocada pola Resolución AC-01/2023, do 28 de marzo de 2023 (DOG núm. 69, do 11 de abril), a provisión dun posto de coordinador/a de Admisión, polo sistema de avaliación colexiada, esta Xerencia da Área Sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 208, do 31 de outubro); polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e pola Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril),
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de coordinador/a de Admisión, realizada mediante a Resolución AC-01/2023, do 28 de marzo de 2023 (DOG núm. 69, do 11 de abril).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo desta resolución.
Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ferrol, 6 de setembro de 2023
Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol
ANEXO
Posto de traballo: coordinador/a de Admisión.
Nome e apelidos: Enrique Díaz López.
DNI: ****533**.