DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 31 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto en materia de Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Ourense, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que consideren conveniente.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

Acto notificado

OU-2023/00113

76703520S

Resolución do recurso de alzada

CE1517842