DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52565

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de agosto de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, e se convoca ao primeiro exercicio (proba de galego) do proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 166, do 1 de setembro de 2023, procede realizar a seguinte corrección:

Onde di:

«Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 20 de outubro de 2022, ás 9.30 horas, na aula 26 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (avenida do Burgo das Nacións, s/n, Santiago de Compostela)».

Debe dicir:

«Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 20 de outubro de 2023, ás 9.30 horas, na aula 26 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (avenida do Burgo das Nacións, s/n, Santiago de Compostela)».