DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fan públicas as resolucións polas que se revisan varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), fanse públicas as seguintes resolucións:

Instalación: fábrica de pensos

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Piensos Nanfor, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2004/0148_NAA/IPPC_010

Localización: concello de Padrón (A Coruña)

Expediente: 2020-IPPC-M-69

Instalación: fábrica de pensos

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Piensos Nanfor, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2015-IPPC-99-309

Localización: concello de Begonte (Lugo)

Expediente: 2020-IPPC-M-70

Estas resolucións poderán consultarse na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, de xeito presencial, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático