DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2023/005-4).

Expediente: IN407A 2023/005-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA, CTI en Mouxán-Paradela.

Concello: Meis.

Feitos:

Primeiro. O 10 de xaneiro de 2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA, CTI en Mouxán-Paradela.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade resolver os problemas de caídas de tensión no lugar de Mouxán-Paradela (concello de Meis), mediante as seguintes actuacións:

Substitución do apoio 9X4TD629//D9-76-2 (HV-250/11) por un apoio C-2000/14 e instalación dun novo apoio C-3000/14 no tramo LMTA TIB8057059. No apoio proxectado C-3000/14 instalaranse uns XS.

Retirada de 24 metros de condutor LA-56 entre os apoios 9X5NS00A//78-1 e 9X4TD629//D9-76-2.

Instalación dun centro de transformación intemperie (CTI) de 100 kVA no apoio proxectado C-2000/14 situado na parcela con referencia catastral 36028C509010400001GW. Este centro de transformación estará conectado á rede de alta tensión de UFD no tramo TIB8057059.

Instalación dunha liña de media tensión aérea (LMTA) de 80 metros entre os apoios proxectados.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Meis, o Servizo de Enerxía e Minas e o Servizo de Montes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Terceiro. Mediante escrito do 14 de febreiro de 2023 esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica á única persoa que figura afectada pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora, concretamente a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Paradela-Meis.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 14 de febreiro de 2023, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 10 de marzo de 2023.

– Xornal Faro de Vigo: 30 de marzo de 2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Meis, desde o 27 de febreiro ata o 29 de marzo de 2023, conforme o certificado emitido polo propio Concello.

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Quinto. O 27 de abril de 2023, UFD comunicou que chegou a un acordo coa CMVMC de Paradela-Meis e, polo tanto, xa non é necesaria a declaración de utilidade pública das instalacións obxecto do proxecto. Coa solicitude, UFD presentou copia do acordo acadado.

Sexto. O 15 de xuño de 2023, en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, deuse traslado do proxecto e do acordo acadado coa CMVMC de Paradela-Meis ao Servizo de Montes para que emitisen informe, de ser o caso, sobre a compatibilidade ou incompatibilidade do aproveitamento afectado.

Sétimo. O 13 de xullo de 2023, o Servizo de Montes emitiu informe indicando a compatibilidade do aproveitamento afectado coa actuación proposta sen prexuízo doutros informes preceptivos, sempre que se cumpra o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no cumprimento das distancias de plantación, así como a Lei 3/2007, do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios de Galicia, sobre as distancias de protección previstas para manter as faixas exixidas.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56 de 80 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14-H 35-CA-CS da LMTA TIB8057059 e final no apoio proxectado C-2000/14-H 35-CA no que se instala o centro de transformación.

Centro de transformación sobre apoio, a 100 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36028C509010400001GW.

A instalación está situada en Mouxán, Paradela, no municipio de Meis (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTA, CTI en Mouxán-Paradela, expediente IN407A 2023/005-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 18 de agosto de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra