DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 31 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (RL 2022/0540-4 e sete máis).

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0540-4.

Acta: I362022000102844.

Empresa: Promociones Playa Lanzada 2012, S.L.

Enderezo: rúa Virxe do Carme, 5, 2º dereita, Sanxenxo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19.1 da Lei do Estatuto dos traballadores; artigos 14, 15 e 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 7 e 9 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigo 12.24.e) e d) da Lei de infraccións e sancións na orde social, texto refundido aprobado polo Real decreto lei 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 10.5.2023.

Resolución: multa de 4.902 €.

Expediente: RL 2023/0001-4.

Acta: I362022000103046.

Empresa: Almacén de Maderas Candeán 21, S.L.

Enderezo: rúa Quintela, 27 baixo, porta 4, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigos 16.2 e 17.2 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais; artigos 7 e 11, así como o incumprimento do previsto no punto 3.b) da parte C do anexo IV do Real decreto 1627/1997, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables ás obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.f) e 12.23.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19.5.2023.

Resolución: multa de 4.902 €.

Expediente: RL 2023/0011-4.

Acta: I362022000110322.

Empresa: Grupo Nolvi-Gonçalves, S.L.

Enderezo: rúa Aragón, 166 baixo, Vigo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 13.3 alíneas b) e c) e artigo 18.1 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora da inspección de traballo.

Preceptos sancionadores: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 22.5.2023.

Resolución: multa de 751 €.

Expediente: RL 2023/0054-4.

Acta: I362022000103147.

Empresa: Almacén de Maderas Candeán 21, S.L.

Enderezo: rúa Quintela, 27 baixo, porta 4, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 16.3 e 23.3 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.3, 39.3 e 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 19.5.2023.

Resolución: multa de 4.902 €.

Expediente: RL 2023/0061-4.

Acta: I362022000111736.

Empresa: 2016 Hostgroup, S.L.

Enderezo: rúa Manuel Rodríguez, 112, O Porriño.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, artigos 12.4.c) e 34.9 do Real decreto lexislativo 2/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 7.5.g) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 15.5.2023.

Resolución: multa de 3.750 €.

Expediente: RL 2023/0098-4.

Acta: I36202200012287.

Empresa: González Carbón, S.L.

Enderezo: lugar San Roque, Combarro, 16-19, Poio.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, artigo 15.1.b) do Real decreto lexislativo 2/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 9.6.2023.

Resolución: multa de 751 €.

Expediente: RL 2023/0150-4.

Acta: I362023000004207.

Empresa: Sequi..., Fernando Óscar.

Enderezo: rúa Rafael Picó, 42, Portonovo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 13.3 alíneas b) e c) e artigo 18.1 da Lei 23/2015, ordenadora da inspección de traballo e seguridade social.

Preceptos sancionadores: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 8.6.2023.

Resolución: multa de 751 €.

Expediente: RL 2023/0174-4.

Acta: I362023000020270.

Empresa: Teycar 2006, S.L.

Enderezo: Urbanización Virgen de la Roca, 39, Baiona.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 13.3 alíneas b) e c) e artigo 18.1 da Lei 23/2015, ordenadora da inspección de traballo e seguridade social.

Preceptos sancionadores: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 7.7.2023.

Resolución: multa de 751 €.

Vigo, 31 de agosto de 2023

José Antonio Rodríguez Fachado
Xefe territorial de Pontevedra