DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica aos titulares o traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria nun expediente de expropiación no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/94-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA SAC803 entre os apoios 21 a 36 (Untes), no concello de Ourense, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración están á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitaren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 31 de agosto de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/94-3.

Instalación: regulamentación da LMTA SAC803 entre os apoios 21 a 36 (Untes).

Concello: Ourense.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data da ocupación

3

Rego

32900A066003310000PP

Descoñecido/a

29.3.2023

6

Gandareiras

32900A066002390000PO

Descoñecido/a

29.3.2023

10

Suventana

32900A065000500000PI

Descoñecido/a

29.3.2023

11

Souto dos Carreiros

32900A065000070000PO

Descoñecido/a

29.3.2023