DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se publica a resolución pola que se fai pública a relación de localidades autorizadas para a produción da pataca de sementeira en Galicia durante a campaña 2023/2024.

O Real decreto 27/2016, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación da pataca de sementeira, no seu artigo 4.4, establece que anualmente se publicará no boletín ou no diario oficial que corresponda a relación de localidades autorizadas para a produción da pataca de sementeira na campaña, dentro das zonas autorizadas, e entenderase que, de non facerse, continuará en vigor a publicada o ano anterior.

Unha vez examinadas as propostas emitidas polas entidades produtoras da pataca de sementeira, relativas ás localidades desta comunidade autónoma para as que se solicita autorización, segundo o disposto no artigo 4.4 do Real decreto 27/2016, do 29 de xaneiro, e visto o informe proposta favorable do xefe do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal,

RESOLVO:

Artigo 1

Autorizar as localidades dos termos municipais de Galicia que se relacionan a seguir para a produción da pataca de sementeira durante a campaña 2023/2024.

Núm. orde

Parroquia

Concello

Provincia

1

Santa María de Castelo

Taboada

Lugo

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura
e Industrias Agroalimentarias