DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, dáse publicidade das actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato:

a) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada abastecemento de auga potable ás parroquias de San Vicente de Castillón, Castillón e Santo Estevo do Mato. Pantón (Lugo)-OH.227.687.

Clave do expediente: GA.22018.

Referencia de expediente: AUG-2023-0022.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 12.446,45 euros. Importe total: 15.060,20 euros.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 6.830,00 euros. Importe total: 8.264,30 euros.

Empresa contratista: Implementando Prevención, S.L.

b) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra OH.532.837-Mellora da rede de saneamento e abastecemento do Navallo. Riós (Ourense).

Clave do expediente: M.22036.

Referencia de expediente: AUG-2023-0030.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en ingeniería civil.

Orzamento base: importe neto: 14.944,23 euros. Importe total: 18.082,52 euros.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.700,00 euros. Importe total: 17.787,00 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

c) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.532.837-Mellora da rede de saneamento e abastecemento do Navallo. Riós (Ourense).

Referencia de expediente: AUG-2023-0031.

Clave do expediente: M.22037.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 8.512,52 euros. Importe total: 10.300,15 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 5.270,00 euros. Importe total: 6.376,70 euros.

Empresa contratista: Implementando Prevención, S.L.

d) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de mellora das redes de saneamento e abastecemento no núcleo rural de Laza. Laza (Ourense).

Referencia de expediente: AUG-2023-0067.

Clave do expediente: M.23008.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 11.862,37 euros. Importe total: 14.353,47 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 9.278,00 euros. Importe total: 11.226,38 euros.

Empresa contratista: E.I.C. Durán, S.L.

e) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada mellora das redes de saneamento e abastecemento no núcleo rural de Laza. Laza (Ourense).

Referencia de expediente: AUG-2023-0068.

Clave do expediente: M.23009.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 6.487,48 euros. Importe total: 7.849,85 euros.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 3.762,74 euros. Importe total: 4.552,92 euros.

Empresa contratista: Incope Consultores, S.L.

f) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra OH.327.693 Ampliación da rede de saneamento no camiño de Saavedra do barrio do Marco na parroquia de Carral. Begonte (Lugo).

Referencia de expediente: AUG-2023-0069.

Clave do expediente: M.23010.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 11.862,37 euros. Importe total: 14.353,47 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 11.760,00 euros. Importe total: 14.229,60 euros.

Empresa contratista: Proyestegal, S.L.

g) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada ampliación da rede de saneamento no camiño de Saavedra do barrio do Marco na parroquia de Carral. Begonte (Lugo)-OH.327.693.

Referencia de expediente: AUG-2023-0070.

Clave do expediente: M.23011.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 6.487,48 euros. Importe total: 7.849,85 euros.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 3.950,00 euros. Importe total: 4.779,50 euros.

Empresa contratista: Atenea Seguridad y Medioambiente, S.A.U.

h) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de abastecemento e saneamento na Gudiña. A Gudiña (Ourense)-OH.532.775.

Referencia de expediente: AUG-2023-0071.

Clave do expediente: M.23012.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 14.965,42 euros. Importe total: 18.108,16 euros.

Prazo de execución: sete (7) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 11.600,00 euros. Importe total: 14.036,00 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

i) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada abastecemento e saneamento na Gudiña. A Gudiña (Ourense)-OH.532.775.

Referencia de expediente: AUG-2023-0072.

Clave do expediente: M.23013.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 12.562,62 euros. Importe total: 15.200,77 euros.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 10.500,00 euros. Importe total: 12.705,00 euros.

Empresa contratista: Galaicontrol, S.L.

j) Título: contrato menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica de saneamento do núcleo da Anta. Coirós (A Coruña)-OH.315.1279.

Referencia de expediente: AUG-2023-0085.

Clave do expediente: M.23031.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 11.862,37 euros. Importe total: 14.353,47 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 9.449,00 euros. Importe total: 11.433,29 euros.

Empresa contratista: Zelig Strategy, S.L.

k) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada saneamento do núcleo da Anta. Coirós (A Coruña)-OH.315.1279.

Referencia de expediente: AUG-2023-0086.

Clave do expediente: M.23032.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 6.487,48 euros. Importe total: 7.849,85 euros.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 5.319,73 euros. Importe total: 6.436,87 euros.

Empresa contratista: Técnica y Proyectos, S.A.

3. Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación referida no punto 2) anterior, financiada ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20 Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4 Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; actuación 20.1.4.5 Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

En concreto, a actuación referida no punto 2.a) encádrase dentro da operación de abastecemento de auga potable ás parroquias de San Vicente de Castillón, Castillón e Santo Estevo do Mato. Pantón (Lugo); as referidas no punto 2.b) e 2.c), dentro da operación de mellora da rede de saneamento e abastecemento do Navallo. Riós (Ourense); as referidas no punto 2.d) e 2.e), dentro da operación de mellora das redes de saneamento e abastecemento no núcleo rural de Laza. Laza (Ourense); as referidas no punto 2.f) e 2.g), dentro da operación de ampliación da rede de saneamento no Camiño de Saavedra do barrio do Marco na parroquia de Carral. Begonte (Lugo); as referidas no punto 2.h) e 2.i), dentro da operación de abastecemento e saneamento na Gudiña. A Gudiña (Ourense) e as referidas no punto 2.j) e 2.k), dentro da operación de saneamento do núcleo da Anta. Coirós (A Coruña).

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia