DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52326

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación de cambio de uso de parcela no polígono industrial (expediente 2023/U032/000003).

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 31 de xullo de 2023, de acordo co disposto no artigo 45.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), acordou cambiar o uso da zona da parcela de titularidade municipal SX-EL 0520 de sistema xeral de espazos libres a sistema xeral de equipamento deportivo, polo que pasa a formar parte do SX-EQ-D 0506 do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo, segundo o que se describe na memoria e nos planos que se achegan co informe técnico-xurídico municipal do 19 de xullo de 2023.

Faise público este acordo de conformidade co disposto no artigo 82.2 da Lei do solo de Galicia, xunto co documento dilixenciado que está á disposición dos interesados na páxina web deste concello, na seguinte ligazón (punto 7. Outros):

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

E no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello, no enderezo:

https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/

Carballo, 3 de agosto de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto núm. 1983, do 21.7.2023)
María Belén Lendoiro Esmorís
Primeira tenente de alcalde