DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 29 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de agosto de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

(DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

33344021R

33344021R/12-07-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Outeiro de Rei

33539790V

33539790V/27-12-2022/2.2.B

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34321947J

34321947J/04-01-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

Y6897961E

Y6897961E/16-06-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

05324214J

05324214J/27-12-2022/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

05324214J

05324214J/28-02-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33344400N

33344400N/30-12-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33351329H

33351329H/11-11-2022/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33552278Q

33552278Q/11-05-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33552295X

33552295X/17-03-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34279242L

34279242L/22-05-2023/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34305350E

34305350E/07-02-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34310992Y

34310992Y/25-05-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilalba

34941006G

34941006G/17-03-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Outeiro de Rei

47553058Y

47553058Y/28-02-2023/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

X7871164N

X7871164N/16-03-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Castro de Rei