DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2023/247-1).

Expediente: IN407A 2023/247-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA BEG-706: substitución de apoio APQC1F55//80-2.

Situación: concello de Oza-Cesuras.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu trazado actual, do treito da liña BEG-706 denominado derivada a CT Cis (matrícula 15A750) autorizado nos expedientes 30.844 e 31.961. Consta de 337,9 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e LA-56, comprendidos entre os seus apoios núm. 80 (matrícula AOOHKLBH), metálico tipo AL-CH-2500/13-CR, e núm. 80-3 (matrícula APQB9YXY), metálico tipo AM-AL-C-2000/16H35-CAIII. Consiste en:

– Substitución do apoio núm. 80-2 (matrícula: APQC1F55), de formigón tipo S-HV-400/12-B1-CS, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-T35/180-CA(CS), respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15054B505002370000YD, sita no lugar de Quintela (Cis), cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 80-3.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito da liña BEG-706, de 99,5 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio núm. 80-1 existente (matrícula AOP7IQVO), de formigón tipo AL-HV-1600/12-CR-CA, e o novo apoio núm. 80-2 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito da liña BEG-706, de 185,4 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio núm. 80-2 proxectado e o apoio núm. 80-3 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, de ser o caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/247-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA BEG-706: substitución de apoio APQC1F55//80-2.

Situación: concello de Oza-Cesuras.

Núm.

Parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Apoio

m2

1

Novelo

15054B505002370000YD

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

Descoñecido

Novo apoio núm. 80-2

2