DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52253

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023. Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial nos CEE (código de procedemento TR341M).

BDNS (Identif.): 715853.

De conformidade co previsto nos artigos 18 e 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Os centros especiais de emprego que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo IV desta orde.

Segundo. Obxecto

O obxecto deste programa é axudar os CEE a financiaren o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Contía e condicións da subvención

Subvencionarase cun importe do 50 % do salario mínimo interprofesional (SMI) correspondente ás mensualidades indicadas na convocatoria, para as persoas con discapacidade contratadas nos centros especiais de emprego que estean de alta na Seguridade Social.

Para as persoas con discapacidade incluídas nalgún dos supostos do artigo 5.2, o importe será o 60 % do SMI.

No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.

Cuarto. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

Quinto. Financiamento

Para a concesión destas axudas destínanse nove millóns cento dezaseis mil euros (9.116.000,00).

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado como se indica no artigo 8.5 da orde.

Sétimo. Período subvencionable e xustificación das axudas

O período subvencionable comprende desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de novembro de 2023.

A data máxima de xustificación será o 31 de decembro de 2023.

A xustificación mensual do programa III establecida no artigo 47 das bases reguladoras presentarase no prazo máximo de corenta (40) días contados desde o último día do mes de referencia.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade