DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 51913

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 29 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

O plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia foi establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro, en desenvolvemento do Real decreto 633/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de grao en Deseño establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O dito plan de estudos regula a estrutura das ensinanzas, así como as condicións de acceso, matrícula, organización e avaliación, en consonancia co disposto no Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, modificado polo Real decreto 21/2015, do 23 de xaneiro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores, e prevé o recoñecemento e transferencia de créditos nas ensinanzas superiores de Deseño; e modificado tamén polo Real decreto 628/2022, do 26 de xullo, polo que se modifican varios reais decretos para a aplicación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ás ensinanzas artísticas e ás ensinanzas deportivas, e a adecuación de determinados aspectos da ordenación xeral das ditas ensinanzas. Así mesmo, o Real decreto 1618/2011, do 14 de novembro, sobre recoñecemento de estudos no ámbito da educación superior, establece o réxime de recoñecemento entre as diferentes ensinanzas que constitúen a educación superior.

Por outra banda, o Decreto 61/2011, do 24 de marzo, establece o Regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvido pola Orde do 8 de agosto de 2011.

A Orde do 21 de novembro de 2016 regula a ordenación das ensinanzas superiores de Deseño, en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 41/2023, do 20 de abril, modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, establecendo dous itinerarios académicos no plan de estudos correspondente á especialidade Produto dos estudos superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, procede modificar os anexos á Orde do 21 de novembro de 2016, regular a incorporación do alumnado procedente de plans de estudos anteriores e/ou diferentes ao novo plan de estudos superiores de Deseño, para a especialidade Produto, desenvolver o xa citado Decreto 41/2023, do 20 de abril, e establecer o seu calendario de aplicación.

De conformidade co exposto, ao abeiro do establecido no artigo 2 do citado Decreto 41/2023, do 20 de abril, e na súa disposición derradeira primeira,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Obxecto e ámbito de aplicación

Artigo 1. Obxecto

A presente orde ten por obxecto:

1. Modificar os anexos I e II da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Establecer o recoñecemento de créditos ECTS ao alumnado procedente dos estudos superiores de Deseño na especialidade Produto, cursados segundo plans de estudos anteriores, ou procedente doutras especialidades dos estudos superiores de Deseño.

3. Regular o recoñecemento de créditos ECTS ao alumnado que superase parcial ou totalmente un ciclo formativo de grao superior das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño da familia profesional artística de Xoiaría da Arte.

4. Establecer o calendario de implantación do novo plan de estudos na especialidade Produto, e a extinción do plan dos estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro, para esta mesma especialidade.

5. Establecer a relación de disciplinas do novo plan dos estudos superiores de Deseño na especialidade Produto que teñen o carácter de progresivas para os efectos académicos, e as disciplinas que poderán ser impartidas polo centro en colaboración con empresas, estudios e/ou obradoiros.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

A presente orde será de aplicación nos centros públicos e privados autorizados do ámbito territorial de competencia da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en que se impartan as ensinanzas artísticas superiores de deseño, en calquera das súas especialidades.

CAPÍTULO II

Recoñecemento de créditos ECTS asociados ás disciplinas integradas no plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño establecido polo
Decreto 41/2023, do 20 de abril

Artigo 3. Modificación do anexo I e do anexo II da Orde do 21 de novembro de 2016

Substitúense os anexos I e II da Orde do 21 de novembro de 2016 polos anexos I e II desta orde.

Artigo 4. Recoñecemento de créditos ECTS ao alumnado procedente doutras especialidades dos estudos superiores de Deseño

Para o recoñecemento de créditos asociados ás disciplinas que integran o plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril, que modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, na especialidade Produto, ao alumnado que iniciase ou rematase estudos superiores de Deseño noutra especialidade, cursados segundo plans de estudos establecidos pola Comunidade Autónoma de Galicia, ou por outras administracións educativas do Espazo Europeo de Educación Superior, aplicaráselle o establecido no capítulo IV da Orde do 21 de novembro de 2016 e o disposto no anexo II desta orde.

Artigo 5. Recoñecemento de créditos ECTS ao alumnado que superase parcial ou totalmente un ciclo formativo de grao superior das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

1. Ao alumnado que curse o plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril, que modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, na especialidade Produto, e superase parcial ou totalmente o ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en Xoiaría Artística, cursado segundo o currículo establecido polo Decreto 124/2002, do 7 de marzo, poderánselle recoñecer os créditos ECTS asociados ás disciplinas dos estudos superiores de Deseño, na especialidade Produto, regulados na presente orde, segundo o seu anexo III.

2. Ao alumnado que curse o plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril, que modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, na especialidade Produto, e superase parcial ou totalmente un ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño, cursado segundo plans de estudos establecidos pola Comunidade Autónoma de Galicia, ou por outras administracións educativas do Espazo Común Europeo de Educación Superior, aplicaráselle o establecido no capítulo IV da Orde do 21 de novembro de 2016.

CAPÍTULO III

Ordenación das ensinanzas e calendario de implantación

Artigo 6. Disciplinas que poderán ser impartidas polos centros en colaboración coas empresas, estudios e/ou obradoiros

1. As disciplinas de tipo práctico (P.) ou teórico-práctico (T.P.), que integran os dous itinerarios académicos do plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril, polo que modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, na especialidade Produto que, en razón dos seus contidos e desenvolvemento, poderán ser impartidos entre a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela e as empresas, estudios ou obradoiros do sector do deseño, a xoiaría e os complementos, son as relacionadas no anexo IV da presente orde.

2. O título de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño na especialidade que corresponda é equivalente, para todos os efectos, ao título universitario de grao, segundo o artigo 57.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Tendo en conta que determinados estudos universitarios de grao ofrecen xa formación dual, habilítase a que os centros educativos que imparten ensinanzas artísticas superiores de deseño tamén poidan impartir con carácter dual as disciplinas a que se refire o punto anterior, así como outras das distintas especialidades das ensinanzas artísticas superiores de deseño que pola súa especificidade, sexan susceptibles de ser impartidas entre os centros educativos e empresas, estudios ou obradoiros dos sectores correspondentes. Para tal fin, requirirase autorización previa da dirección xeral competente en materia de ensinanzas artísticas superiores.

3. Para as ensinanzas que se vaian impartir de acordo co punto 2 deste artigo, deberanse informar as persoas inscritas no proceso de acceso e admisión das condicións específicas de acceso para cada caso.

Artigo 7. Calendario de implantación do plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril, para a especialidade Produto

1. Implantación do novo plan de estudos:

Atendendo á necesidade dunha implantación ordenada do novo plan de estudos que substitúa gradualmente o anterior, o plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril, para a especialidade Produto, implantarase no ano académico 2023/24, segundo o seguinte calendario:

a) No ano académico 2023/24, o alumnado de novo ingreso matricularase no 1º curso dos estudos superiores de Deseño na especialidade Produto, segundo o plan establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril, polo que se modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, na especialidade Produto.

b) No ano académico 2024/25 impartirase o 2º curso dos devanditos estudos segundo o novo plan de estudos.

c) No ano académico 2025/26 impartirase o 3º curso dos devanditos estudos segundo o novo plan de estudos.

d) No ano académico 2026/27 impartirase o 4º curso dos devanditos estudos segundo o novo plan de estudos.

2. Extinción do plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro, para a especialidade Produto:

Co propósito de garantir o dereito do alumnado que iniciase os seus estudos superiores de Deseño na especialidade Produto conforme o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro, a que poida rematalos segundo este mesmo plan, os estudos superiores de Deseño na especialidade de Produto establecidos polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro, deixarán de impartirse segundo o seguinte calendario:

a) No ano académico 2023/24 non se impartirá o 1º curso dos ditos estudos.

b) No ano académico 2024/25 non se impartirá o 2º curso dos ditos estudos.

c) No ano académico 2025/26 non se impartirá o 3º curso dos ditos estudos.

d) No ano académico 2026-27 non se impartirá o 4º curso dos ditos estudos.

e) No ano académico 2027/28 poderanse realizar, por derradeira vez, as prácticas externas e o traballo de fin de grao correspondente ao plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro.

3. O alumnado que iniciase ou rematase os estudos superiores de Deseño cursados segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro, en calquera das súas especialidades, poderase incorporar ao novo plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas e da normativa en vigor relativa á admisión a estes, solicitando e acadando o recoñecemento de créditos ECTS correspondentes.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltanse as persoas titulares das direccións xerais de Centros e Recursos Humanos, e de Formación Profesional, para ditaren cantas normas sexan precisas para o desenvolvemento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Relación de disciplinas de contido progresivo
nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño

1º curso

2º curso

3º curso

4º curso

Especialidade: Gráfico

Proxectos de Deseño Gráfico I

Proxectos de Deseño Gráfico II

Proxecto Interdisciplinario

Tecnoloxía Dixital

Tecnoloxía Dixital Aplicada I

Tecnoloxía Dixital Aplicada II

Laboratorio de Imaxe

Fotografía

Especialidade: Interiores

Proxectos de Deseño de Interiores I

Proxectos de Deseño de
Interiores II

Proxectos de Deseño de Interiores III

Tecnoloxía Dixital

Tecnoloxía Dixital Aplicada I

Tecnoloxía Dixital Aplicada II

Construción I

Construción II

Materiais

Instalacións I

Instalacións II

Especialidade: Moda

Tecnoloxía Dixital

Deseño Gráfico Aplicado á Moda

Volume

Estruturas

Deseño Básico

Deseño de Moda I

Deseño de Moda II

Patronaxe Básica

Patronaxe I

Patronaxe II

Modelos e Prototipos

Proxectos de Deseño de Moda

Tecnoloxía Téxtil I

Tecnoloxía Téxtil II

Materiais Téxtiles I

Materiais Téxtiles II

Especialidade: Produto. Itinerario: Xeral (Xe)

Volume

Modelos e Prototipos I

Modelos e Prototipos II

Historia das Artes e o Deseño

Historia do Deseño Industrial

Deseño Gráfico Aplicado aos Produtos

Envases e Embalaxes

Deseño Básico

Proxectos de Deseño Produto I

Proxectos de Deseño de Produto II

Proxectos de Deseño de Produto III

Fundamentos do Deseño

Debuxo Técnico Aplicado ao Deseño de Produtos

Tecnoloxía Dixital

Tecnoloxía Dixital Aplicada

Ciencia Aplicada ao Deseño

Materiais I

Materiais II

Especialidade: Produto. Itinerario: Xoiaría e Complementos (XC)

Volume

Técnicas de Produción I

Técnicas de Produción II

Técnicas de Produción III

Historia das Artes e o Deseño

Historia do Deseño Industrial

Deseño Gráfico Aplicado aos Produtos

Envases e Embalaxes

Deseño Básico

Procesos de Deseño de Xoiaría e Complementos I

Procesos de Deseño de Xoiaría e Complementos II

Procesos de Deseño de Xoiaría e Complementos III

Fundamentos do Deseño

Debuxo Técnico Aplicado ao Deseño de Produtos

Tecnoloxía Dixital

Tecnoloxía Dixital Aplicada

Ciencia Aplicada ao Deseño

Materiais I

Materiais II: Xoiaría e Complementos

ANEXO II

Créditos ECTS asociados ás disciplinas das ensinanzas artísticas superiores de Deseño establecidas polo Decreto 41/2023, do 20 de abril, que se poderán recoñecer ao alumnado que iniciase ou rematase as ensinanzas superiores de Deseño segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 233/2005,
do 14 de xullo, ou iniciase ou rematase as ensinanzas superiores de Deseño na especialidade Produto segundo o plan de estudos establecido polo
Decreto 172/2015, do 29 de outubro

1º curso dos estudos superiores de Deseño Gráfico, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

1º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Gráfico, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Debuxo Artístico e Cor

10/Debuxo Artístico/FB

Volume

8/Volume/FB

Teoría da Imaxe

4/Fundamentos do Deseño/FB

Proxectos Básicos

8/Deseño Básico/FB

Historia da Arte

6/Historia das Artes e o Deseño/FB

Fundamentos Científicos do Deseño

6/Ciencia Aplicada ao Deseño/FB

Xeometría Descritiva

6/Sistemas de Representación/FB

Taller de Tecnoloxía Dixital

6/Tecnoloxía Dixital/FB

6/Laboratorio de Imaxe/OE

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

2º curso dos estudos superiores de Deseño Gráfico, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

2º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Gráfico, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Historia e Teoría do Deseño

6/Cultura do Deseño/FB

6/Historia do Deseño Gráfico/OE

Fotografía

6/Fotografía/OE

2º curso dos estudos superiores de Deseño Gráfico, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

2º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Gráfico, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Taller de Tecnoloxía Dixital Aplicada ao Deseño Gráfico

12/Tecnoloxía dixital Aplicada/OE

Tecnoloxía das Artes Gráficas

6/Produción Gráfica/OE

Tipografía

6/Tipografía/OE

Proxectos de Deseño Gráfico I

12/Proxectos de Deseño Gráfico I/OE

Técnicas de Expresión Gráfica

6/Unha disciplina optativa/Op.

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

3º curso dos estudos superiores de Deseño Gráfico, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

3º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Gráfico, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Audiovisuais

16/Técnicas Audiovisuais e de Animación/OE

Taller de Tecnoloxía Dixital Aplicada ao Deseño Gráfico II

6/Tecnoloxía Dixital Aplicada/OE

Proxectos de Deseño Gráfico II

16/Proxectos de Deseño Gráfico II/OE

Organización e Lexislación Aplicada ao Deseño Gráfico

4/Organización e Lexislación/FB

Teoría da Comunicación Visual da Publicidade

Historia e Teoría do Deseño Gráfico

6/Unha disciplina optativa/Op.

Unha disciplina optativa

6/Unha disciplina optativa/Op.

Unha disciplina optativa

6/Unha disciplina optativa/Op.

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

1º curso dos estudos superiores de Deseño de Interiores, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

1º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Interiores, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Debuxo Artístico e Cor

10/Debuxo Artístico/FB

Volume

8/Volume/FB

Teoría da Imaxe

4/Fundamentos do Deseño/FB

Historia da Arte

6/Historia das Artes e o Deseño/FB

Fundamentos Científicos do Deseño

6/Ciencia Aplicada ao Deseño/FB

Xeometría Descritiva

6/Sistemas de Representación/FB

Proxectos Básicos

6/Debuxo Técnico Aplicado ao Deseño de Interiores/OE

8/Deseño Básico/FB

Taller de Tecnoloxía Dixital

6/Tecnoloxía Dixital/FB

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

2º curso dos estudos superiores de Deseño de Interiores, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

2º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Interiores, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Historia e Teoría do Deseño

6/Cultura do Deseño/FB

Ciencias Sociais Aplicadas ao Deseño de Interiores

Construción I

8/Construción I/OE

Instalacións I

8 /Instalacións I/OE

Estruturas

6/Materiais/OE

Taller de Tecnoloxía Dixital Aplicada ao Deseño de Interiores

6/Tecnoloxía Dixital Aplicada/OE

Práctica Profesional e Lexislación Aplicada

4/Organización e Lexislación/FB

Proxectos de Deseño de Interiores I

16/Proxectos de Deseño de Interiores/OE

Teoría do Interiorismo

6/Unha disciplina optativa/Op.

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

3º curso dos estudos superiores de Deseño de Interiores, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

3º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Interiores, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Historia e Teoría da Arte e o Deseño

4/Historia do Deseño de Interiores/OE

Acondicionamento e Rehabilitación de Edificios

10/Construción II/OE

Construción III

Instalacións II

8/Instalacións II/OE

Proxectos de Deseño de Interiores II

16/Proxectos de Deseño de Interiores II/OE

6/Tecnoloxía Dixital Aplicada II/OE

Unha disciplina optativa

6/Unha disciplina optativa/Op.

Unha disciplina optativa

6/Unha disciplina optativa/Op.

Total créditos ECTS recoñecidos:

56

3º curso dos estudos superiores de Deseño de Interiores, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

4º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Interiores, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Medicións, Orzamentos e Planificación de Obra

6/Medicións/OE

Total créditos ECTS recoñecidos:

6

1º curso dos estudos superiores de Deseño de Moda, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

1º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Moda, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro.

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Debuxo Artístico e Cor

10/Debuxo Artístico/FB

Volume

8/Volume/FB

Xeometría Descritiva

6/Sistemas de Representación/FB

Taller de Tecnoloxía Dixital

6/Tecnoloxía Dixital/FB

Proxectos Básicos

4/Fundamentos do Deseño/FB

6/Patronaxe Básica/OE

Teoría da Imaxe

8/Deseño Básico/FB

Historia da Arte

6/Historia das Artes e o Deseño/FB

Fundamentos Científicos do Deseño

6/Ciencia Aplicada ao Deseño/FB

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

2º curso dos estudos superiores de Deseño de Moda, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

2º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Moda, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Deseño de Moda I

8/Deseño de Moda I/OE

6/Deseño Gráfico Aplicado á Moda/OE

Tecnoloxía da Confección I

4/Técnicas Creativas/OE

Modelismo e Prototipos

12/Modelismo e Prototipos/OE

Taller de Tecnoloxía Dixital Aplicada ao Deseño de Moda

Tecnoloxía Téxtil I

4/Tecnoloxía Téxtil I/OE

Materiais Téxtiles

6/Materiais Téxtiles I/OE

Patronaxe

6/Patronaxe I/OE

4/Estruturas/OE

Historia e Teoría do Deseño

6/Historia da Moda/OE

Historia e Teoría do Deseño de Moda

Ciencias Sociais Aplicadas ao Deseño de Moda

4/Mercadotecnia da Moda/OE

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

3º curso dos estudos superiores de Deseño de Moda, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

3º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Moda, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Tecnoloxía Téxtil II

4/Tecnoloxía Téxtil II OE

Tecnoloxía da Confección II

6/Materiais Téxtiles II/OE

Moda e Fotografía

6/Fotografía e Moda/OE

Mercadotecnia e Xestión da Calidade

6/Cultura do Deseño/FB

Organización e Lexislación Aplicada ao Deseño de Moda

4/Organización e Lexislación/FB

Deseño de Moda II: Análise de Tendencias

8/Deseño de Moda II/E

6/Complementos e Estilismo/OE

Proxectos de Deseño de Moda

12/Proxectos de Deseño de Moda/OE

8/Patronaxe II/OE

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

2º e 3º cursos dos estudos superiores de Deseño de Moda, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

4º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Moda, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

Disciplina superada

Curso

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Taller de Tecnoloxía Dixital Aplicado ao Deseño de Moda

6/Patronaxe CAD/Op.

Optativa I: Estilismo Escénico

6/Estilismo Escénico/Op.

Optativa II: Audiovisuais e Moda

6/Comunicación Audiovisual/Op.

Optativa III: Deseño Gráfico Aplicado á Moda

6/Patronaxe CAD/Op.

Total créditos ECTS recoñecidos:

24

1º curso dos estudos superiores de Deseño de Produto, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

1º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Produto, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

1º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Produto, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Itinerario académico

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Debuxo Artístico e Cor

10/Debuxo Artístico/FB

Común

10/Debuxo Artístico/FB

Volume

8/Volume/FB

Común

8/Volume/FB

Taller de Tecnoloxía Dixital

6/Tecnoloxía Dixital/FB

Común

6/Tecnoloxía Dixital/FB

Xeometría Descritiva

6/Sistemas de Representación/FB

Común

6/Sistemas de Representación/FB

6/Debuxo Técnico Aplicado ao Deseño de Produtos/OE

Común

6/Debuxo Técnico Aplicado ao Deseño de Produtos/OE

Teoría da Imaxe

4/Fundamentos do Deseño/FB

Común

4/Fundamentos do Deseño/FB

Proxectos Básicos

8/Deseño Básico/FB

Común

8/Deseño Básico/FB

Historia da Arte

6/Historia das Artes e o Deseño/FB

Común

6/Historia das Artes e o Deseño/FB

Fundamentos Científicos do Deseño

6/Ciencia Aplicada ao Deseño/FB

Común

6/Ciencia Aplicada ao Deseño/FB

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

60

2º curso dos estudos superiores de Deseño de Produto, cursado segundo o Decreto 233/2005,
do 14 de xullo

2º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Produto, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

2º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Produto, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Itinerario académico

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Historia e Teoría do Deseño

4/Historia do Deseño Industrial/OE

Común

4/Historia do Deseño Industrial/OE

Materiais e Tecnoloxía

4/Materiais I/OE

Común

4/Materiais I/OE

Ergonomía e Antropometría

4/Ergonomía e Antropometría/OE

Común

4/Ergonomía e Antropometría/OE

Ciencias Sociais Aplicadas ao Deseño de Produtos

Taller de Tecnoloxía Dixital Aplicada ao Deseño de Produto

8/Tecnoloxía Dixital Aplicada/OE

Común

8/Tecnoloxía Dixital Aplicada/OE

Envases e Embalaxes I

6/Deseño Gráfico Aplicado ao Deseño de Produtos/OE

Común

6/Deseño Gráfico Aplicado ao Deseño de Produtos/OE

Mercadotecnia

4/Mercadotecnia/OE

Común

4/Mercadotecnia/OE

Modelos e Prototipos I

8/Modelos e Prototipos I/OE

Xeral

Xoiaría e

Complementos

8/Modelos e Prototipos I/OE

Proxectos de Deseño de Produtos I

16/Proxectos de Deseño de

Produtos I/OE

Xeral

--------

16/Proxectos de Deseño de Produtos I/OE

Unha disciplina optativa

6/Unha disciplina optativa/Op.

Xeral

Xoiaría e

Complementos

6/Unha disciplina optativa/Op.

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

60

44

3º curso dos estudos superiores de Deseño de Produto, cursado segundo o Decreto 233/2005, do 14 de xullo

3º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Produto, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

3º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Produto, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril

Disciplina superada

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Itinerario académico

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Xeral

Xoiaría e

Complementos

Historia e Teoría do Deseño Industrial

6/Cultura do Deseño/FB

Común

6/Cultura do Deseño/FB

Oficina Técnica: Organización Industrial e Calidade

4/Oficina Técnica: Organización Industrial e Calidade/OE

Común

4/Oficina Técnica: Organización Industrial e Calidade/OE

Materiais e Tecnoloxía

4/Materiais II/OE

Común

4/Materiais II: Xeral/OE

Envases e Embalaxes II

8/Envases e Embalaxes/OE

Común

8/Envases e Embalaxes/OE

Organización e Lexislación do Deseño de Produtos

4/Organización e Lexislación/FB

Común

4/Organización e Lexislación/FB

Técnicas de Produción e Montaxe

6/Unha disciplina optativa/Op.

----------------

---------------------------

Unha disciplina optativa

6/Unha disciplina optativa/Op.

--------------

----------------------

Unha disciplina optativa

6/Unha disciplina optativa/Op.

Común

6/Unha disciplina optativa/Op.

Proxectos de Deseño de Produtos II

16/Proxectos de Deseño de Produtos II/OE

Xeral

-----

16/Proxectos de Deseño de Produtos II/OE

Modelos e Prototipos II

---------------------------

Xeral

-----

10/Modelos e Prototipos II/OE

Total créditos ECTS recoñecidos:

60

58

32

------------------------------

4º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Produto, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 172/2015, do 29 de outubro

4º curso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Produto, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Itinerario académico

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Xeral

Xoiaría e Complementos

12/Prácticas externas/OE

Común

12/Prácticas externas/OE

6/Equipamento Persoal/Op.

Común

6/Equipamento Persoal/OE

6/Unha disciplina optativa/Op.

Común

6/Unha disciplina optativa/Op.

6/Equipamento de Espazos/Op.

Xeral

----------

6/Equipamento de Espazos/OE

Total créditos ECTS recoñecidos:

30

24

----------------------------------

ANEXO III

Relación de créditos ECTS que se lle poderán recoñecer ao alumnado que curse os estudos superiores de Deseño, na especialidade Produto regulados nesta orde, que superase total ou parcialmente o ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en Xoiaría Artística, cursado segundo o currículo establecido polo Decreto 124/2002, do 7 de marzo

Ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en Xoiaría Artística, cursado segundo o currículo establecido polo Decreto 124/2002, do 7 de marzo

Ensinanzas artísticas superiores de Deseño, especialidade Produto, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 41/2023, do 20 de abril

Módulo superado

Curso

Itinerario académico

Créditos ECTS asociados/Disciplina recoñecida/Carácter

Curso

Debuxo Artístico e Cor

Común

10/Debuxo Artístico/FB

Modelado e Maquetismo

Común

8/Volume/FB

Debuxo Técnico

Común

6/Debuxo Técnico Aplicado ao Deseño de Produto/OE

Formación e Orientación Laboral

Común

4/Organización e Lexislación/FB

Técnicas de Microfusión

---------

Xoiaría e Complementos

8/Técnicas de produción I/OE

Taller de Xoiaría

---------

Proxectos de Xoiaría

---------

Xoiaría e Complementos

16/Procesos de deseño de Xoiaría e Complementos/OE

Xemoloxía

---------

Xoiaría e Complementos

4/Materiais II: Xoiaría e Complementos/OE

Total créditos ECTS recoñecidos:

28

56

ANEXO IV

Relación de disciplinas das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na especialidade Produto, reguladas por esta orde, que poderán ser impartidas
pola Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e as empresas,
estudios ou obradoiros

Disciplina

Tipo

Carácter

Curso

Itinerario común (Xe./XC)

Traballo de fin de estudos (TFE)

T.P.

O.E.

Itinerario: xeral (Xe.)

Modelos e Prototipos I

T.P.

O.E.

Proxectos de Deseño de Produto I

T.P.

O.E.

Modelos e Prototipos II

T.P.

O.E.

Proxectos de Deseño de Produto II

T.P.

O.E.

Proxectos de Deseño de Produtos III

T.P.

O.E.

Equipamento de Espazos

T.P.

O.E.

Itinerario: Xoiaría e Complementos (XC)

Técnicas de Produción I

T.P.

O.E.

Procesos de Deseño de Xoiaría e Complementos I

T.P.

O.E.

Técnicas de Produción II

T.P.

O.E.

Procesos de Deseño de Xoiaría e Complementos II

T.P.

O.E.

Procesos de Deseño de Xoiaría e Complementos III

T.P.

O.E.

Técnicas de Produción III

T.P.

O.E.