DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Graxón, no concello da Pastoriza (expediente IN408A/2018/020).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

• O 1.6.2018, Greenalia Wind Power, S.L.U. solicita as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, así como a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico Graxón, no concello da Pastoriza, na provincia de Lugo, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• O 20.2.2019 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, a DXPERN) notifica á promotora a admisión a trámite da solicitude.

• O 4.10.2022 Greenalia Wind Power, S.L.U. presenta unha solicitude de modificación substancial consistente na redución de número de aeroxeradores.

• O 25.11.2022 a DXPERN notifícalle á dita sociedade a admisión a trámite da modificación solicitada.

• O 22.12.2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emite informe sobre o proxecto sectorial segundo o previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

• O 13.1.2023 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a DXPERN achega a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

• O 15.3.2023 a promotora desiste da declaración de utilidade pública solicitada o 1.6.2018.

• O 4.4.2023 a Xefatura Territorial de Lugo acepta a desistencia da declaración de utilidade pública presentada pola promotora.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power, S.L.U. (NIF B70501473).

Domicilio social: praza de María Pita, 10, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Graxón.

Situación: concello da Pastoriza (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): A Pastoriza.

Potencia instalada: 6,6 MW.

Número de aeroxeradores que se vai instalar: 1.

Produción neta anual estimada: 21.300 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 5.508.996,43 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

633.759

4.799.530

2

635.383

4.799.080

3

635.383

4.797.233

4

633.813

4.795.155

5

632.262

4.794.437

6

631.526

4.795.045

Coordenadas de localización do aeroxerador:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

AE 01

634.489

4.799.000

A Pastoriza

Coordenadas do centro de seccionamento e control do parque:

CSC

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

Centro

634.485

4.798.924

Envolvente

634.489

4.798.929

634.491

4.798.926

634.481

4.798.919

634.478

4.798.923

Características técnicas principais das instalacións:

• Un (1) aeroxerador de 6,6 MW de potencia nominal unitaria con 115 m de altura de buxa e 170 m de diámetro de rotor.

• Un (1) centro de transformación integrado no interior do aeroxerador, de 7.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, co seu correspondente equipamento de manobra, protección e demais elementos auxiliares.

• Rede eléctrica soterrada para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre o centro de transformación 0,69/30 kV e o centro de seccionamento e control, composta por condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV e sección de 240 mm2 de aluminio. Na gabia da liña colectora tamén se colocarán os cables de terra e os de fibra óptica para comunicacións.

• Un (1) centro de seccionamento e control do parque eólico en edificio prefabricado coas proteccións das diferentes liñas eléctricas e os equipamentos de medida, protección e control do parque eólico.

• Unha (1) liña de evacuación soterrada da enerxía do parque eólico desde o centro de seccionamento e control deste parque eólico ata a subestación prevista do PE O Carballal de 8.027 m formada por un circuíto de condutor tipo RHZ1 18/30 kV de 1×240 mm2 en sistema trifásico (a subestación do Carballal non forma parte deste proxecto).

• Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, edificio de control, cimentacións e gabias de cablaxe.

• Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución (visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, folio 21, asento 162, con data do 26.4.2023).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 23.9.2022).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, folio 51, asento 405, con data do 4.10.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39, así como no Concello da Pastoriza (Lugo).

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/graxon

Lugo, 22 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo