DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51830

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (arqueometría e caracterización de materiais), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 27 de abril de 2023 (DOG do 10 de maio), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de grao medio de investigación (arqueometría e caracterización de materiais), grupo II, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidente:

– Óscar Lantes Suárez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– Guillermo Zaragoza Vérez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Verónica Piñeiro Gómez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– José Antonio Burés Liñares, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria:

– Cristal Martínez Pousa, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente:

– José Manuel Vila Abad, catedrático de universidade da USC.

Vogais:

– Consuelo Lodeiro Remesar, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– José Alberto Pazos Ferreiro, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

Secretaria:

– Jesusa Rico Picón, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela