DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51784

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (código de procedemento TR301K).

Mediante a Orde do 11 de maio de 2023 (DOG núm. 95, do 22 de maio) a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade estableceu as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025 e realizou a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024.

No artigo 41 desta orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.50.323A.460.1, 11.50.323A.471.0 e 11.50.323A.481.0, código de proxecto 2021 00149, cunha contía de 70.024.608 €, distribuída entre as anualidades 2023 (43.024.608 €) e 2024 (27.000.000 €) procedentes de fondos finalistas do Estado.

No mesmo artigo 41 establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de accións formativas que van ser subvencionadas, xa que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras e resultaron seleccionadas por aplicación dos criterios de avaliación recollidos no artigo 14 das citadas bases, cómpre realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias, en función do tipo de entidade que vai impartir a formación (empresas, entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro).

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (código de procedemento TR301K), redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2023 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2023

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento

final

11.50.323A.460.1

2021 00149

3.047.305,00

-487.662,50

2.559.642,50

11.50.323A.471.0

2021 00149

30.476.472,00

1.478.317,90

31.954.789,90

11.50.323A.481.0

2021 00149

9.500.831,00

-990.655,40

8.510.175,60

Total

43.024.608,00

43.024.608,00

A distribución prevista na orde de convocatoria para a anualidade 2024 non sufriu modificación.

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación