DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51783

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade aos convenios subscritos dentro do segundo cuadrimestre do ano 2023.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño que se dea publicidade aos convenios subscritos pola Secretaría Xeral de Medios dentro do segundo cuadrimestre do ano 2023, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2023

Silvia Valdés Díaz de Freijo
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Descrición

Importe

(euros)

Convenio entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a creación dun espazo para a innovación do xornalismo e da comunicación en galego.

9.876,00