DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 23 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica o acordo de incoación do procedemento sancionador porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente S-P-45.23).

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou con data do 19 de xuño de 2023 acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción tipificada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023

María Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: S-P-45.23 Gondomar (Pontevedra).

DNI/CIF da persoa interesada: 36118353G.

Acto notificado: acordo de incoación de procedemento sancionador.